Neste encontro, dirixido a entidades públicas e privadas, informarase sobre a certificación forestal PEFC como garante de que os materiais e produtos que adquiren proceden de bosques xestionados de forma responsable en base a criterios de sostibilidade, sobre a importancia de dinamizar o sector forestal para dar resposta ás necesidades de diversificación dos novos mercados, e promover a través das Políticas de Contratación Pública, a contratación e compra responsable de produtos certificados PEFC establecendo un plan de compras verdes.
Dirixido á industria forestal de 1ª, 2ª e 3ª transformación, consultoras, arquitectos e deseñadores, enxeñeiros forestais e de montes, gráficas,...
A Estratexia de comunicación para facerse visible nun mercado global é imprescindible, polo que adquirir coñecementos sobre diferentes medios e formas de comunicación axuda a mostrarnos como entidade responsable e comprometida co medio ambiente, adquirir un liderado e unha vantaxe competitiva fronte ao resto dos provedores da cadea de valor, acceder a novos clientes,...