Funcións Económicas

  • O monte é unha fonte xeradora de recursos madeirables e non madeirables.
  • Os aproveitamentos directos, madeira, leña..., se complementan con outros asociados como son os cogomelos, plantas aromáticas, medicinais e condimentarias, a caza, a apicultura...
  • O sector forestal constitúe unha alternativa para o desenvolvemento de moitas zonas rurais.

Os bosques xeran grandes beneficios para a economía galega e o emprego.
Galicia conta con 2.039.574 hectáreas de superficie forestal, das cales, o 98% son de propiedade privada (montes veciñais e montes particulares). Estímase que o número de propietarios particulares rolda os 700.000.
A facturación conxunta da industria da madeira en Galicia, ascende a uns 2.259 millóns de euros. O emprego que xera este sector se sitúa en torno aos 26.000 postos directos e 50.000 indirectos. A industria forestal galega representa o 3,5% do PIB da comunidade, o que a sitúa a nivel doutros países como Finlandia (3,7% PIB) ou Nova Zelanda (3,1% PIB).
A madeira ofrece beneficios técnicos para o Sector da Construcción:

  • A Madeira é resistente ao tempo e á meteoroloxía.
  • A Madeira pódese utilizar tanto no interior como no exterior.
  • A Madeira non é un material fráxil.
  • O mantemento da Madeira non é especialmente custosa.
  • A Madeira é moi moldeable e adaptable para o arquitecto.
  • A Madeira é máis estética que outros materiais.

>> Voltar á páxina de funcións e beneficios dos bosques

Subvencionado por: