FAQs

>> Pode acceder a máis preguntas na anterior páxina

¿Cómo podemos identificar os productos certificados?

 A certificación proporciona unha etiqueta (logotipo ou marca) que identifica os produtos como procedentes de bosques xestionados de maneira sostible.

O bo uso do logotipo, adxudicado tras o proceso de certificación, garante unha transparencia e correcta xestión deste, así como un maior coñecemento e acercamento dos consumidores aos produtos certificados.

Para Galicia, ¿a certificación rexional é a miña mellor opción?

 • Calquera dos niveis de certificación forestal PEFC é unha boa opción.

• Os sistemas agrupados reducen o custe da certificación.

• A certificación rexional posibilita a adscrición de pequenas e grandes superficies, e o custo da certificación é relativamente simbólico.

¿Qué debo facer para formar parte da certificación rexional?

 Poñerme en contacto coa Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal Rexional PEFC onde me informarán de todo o proceso.

¿Cánto custa a certificación?

 O abaratamento de custes é un dos principios guías da certificación PEFC. Co fin de evitar que o custo sexa un elemento discriminatorio para a certificación, deseñáronse modalidades de certificación conxunta que, sen perder garantías no cumprimento dos requisitos, permitan optimizar gastos. O custo da certificación comporta, por unha parte, custes indirectos; isto é, aqueles que se producen polo cambio de xestión para cumprir as normas de xestión forestal sostible; e, por outra, custos directos que son os relativos ao proceso de auditoría. O custo final do proceso dependerá en gran medida da xestión realizada ata o momento e da superficie que se certifique.

Os custos derivados da certificación, ¿en quén repercuten?

 A certificación forestal comprende a certificación da xestión realizada nas masas forestais, polo que nunha primeira etapa será o propietario forestal quen asuma o custo. Posteriormente, a industria deberá asumir a certificación da cadea de custodia dos produtos que se obteñan de ditas masas certificadas. Os consumidores finais serán os que deban elixir entre un produto certificado e outro que non o estea.

¿Qué entidade vai a realizar as auditorías?

 Cada solicitante do certificado polo sistema PEFC poderá elixir a entidade de certificación que estime oportuno entre as acreditadas para tal fin por ENAC- Entidade Nacional de Acreditación.

¿Cál sería a periodicidade das auditorías?

 O período completo de validez do certificado forestal ou de cadea de custodia é de cinco anos. Para a súa obtención realizarase unha auditoría ao inicio do proceso na que, en ambos os casos se auditaran todos os apartados dos documentos normativos de referencia.

Con periodicidade anual realizaranse auditorías de seguimento. Así mesmo, a entidade de certificación poderá realizar auditorías extraordinarias cando o estime oportuno por evidencias que así o motiven.

¿Qué é unha norma UNE?

 Unha norma UNE é unha especificación técnica de aplicación repetitiva ou continuada, cuxa observancia no é obrigatoria. Establécese con participación de todas as partes interesadas e é aprobada por AENOR, organismo recoñecido nos ámbitos nacional e internacional pola súa actividade normativa (Lei 21/1992, de 16 de xullo, de Industria).

<< Anteriores preguntas

Subvencionado por: