Glosario

Da A á I
Da M á Z

Madeira en rollo: Madeira apeada desramada separada na copa, pero nin descortizada nin labrada sendo cortada en anacos ou non.

Monte natural: Aquel que presenta unha dinámica natural en canto a composición de especies, existencia de pes mortos, estructura de clases de idade e procesos de rexeneración, que ademais teñen unha superficie o suficientemente grande como para que se manteñan as súas características naturais e no que non se coñece intervención humana significativa ou, onde si a houbo, foi fai o suficiente tempo como para permitir que a composición natural de especies e procesos se reestablecesen.

Monte protector: Monte declarado como tal, cuxa función predominante é a protección do solo e do ciclo hídrico, así como a prevención de aludes, con independencia da súa titularidade e cuxa xestión e cambio de uso está intervida legalmente.

Monte seminatural: Aquelas formacións forestais que non sexan nin monte natural nin plantación, ademais dos casos de plantacións en proceso de naturalización por non aplicárselles una xestión intensiva.

Monte; terreo forestal: Terra na que vexetan especies arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, xa sexa espontaneamente ou procedentes de semente ou plantación, sempre que non sexan características do cultivo agrícola ou fosen obxectivo do mesmo.

Plan de xestión: Documento ou conxunto de documentos que recolle as directrices da xestión, nas actividades desta sobre as que o xestor ten control. Como plan de xestión, entenderánse: proxectos de ordenación, plans técnicos de xestión, plans simples de xestión, plans dasocráticos da unidade de xestión ou análogos, acordes coa lexislación vixente, todos eles aprobados pola administración competente ou alternativamente visados por colexios profesionais forestais (Enxeñeiros de Montes e Enxeñeiros Técnicos Forestais). No caso de que a unidade de xestión englobe a máis dun plan de xestión, se elaborará un documento marco que establecerá con claridade a relación de responsabilidades.

Plantación forestal: Formación forestal establecida por semente ou plantación no marco de procesos de forestación ou reforestación. Será, ben de especies introducidas ou de especies autóctonas intensamente xestionada que reúna as características seguintes: formada por unha ou dúas especies coetáneas e espazamento regular. Exclúese a formación forestal que non fora sometida a xestión intensiva durante un período significativo de tempo.

Recreo difuso: Uso de espazos naturais en actividades recreativas que non se concentran nun lugar determinado nin requiren infraestructuras nin servizos.

Recreo intensivo: Organización do recreo en espazos naturais con concentración da afluencia en áreas determinadas.

Referente Técnico Rexional: Conxunto de documentos que recollan as directrices da xestión na rexión, a escala operativa, e permite a definición de actuacións en función da súa aplicación. Ademais, recollerá toda a información prevista nesta norma, aplicable na unidade de xestión rexional.

Rexistro: Evidencia do parámetro, documental ou de outro tipo, que constata o grado de cumprimento do obxectivo correspondente.

Regulamento de certificación: Conxunto de regras de funcionamento e de xestión nas que se basea a avaliación que permite a emisión dun certificado, o seu posterior mantemento e renovación.

Residuos non forestais: Restos de produtos ou materiais que quedan despois do seu uso ou aplicación no monte e que foron utilizados durante os procesos e actividades forestais. Non se inclúen nesta categoría os residuos propiamente forestais, estes son, os procedentes de entresacas, clareos, podas, apeos, etc.

Superficie arbolada rala: Terreo poboado con especies arbóreas como manifestación botánica dominante e cunha fracción de cabida cuberta comprendida entre o 10 e o 20 por cento; tamén terreo con especies de matogueira ou pasto natural como manifestación vexetal dominante, pero cunha presencia de árbores forestais importante cuantificada por unha fracción de cabida cuberta arbórea igual ou superior ao 10% e inferior ao 20%, incluíndose aquí as devesas de base cultivo cando a fracción de cabida cuberta forestal estea entre o 10 e o 20 por cento.

Superficie de descortizamento: Superficie que, sobre fuste e ramas dunha sobreira, queda ao descuberto tras quitarlle a cortiza á árbore. Limítase de forma individual fixando a priori un coeficiente de descortizamento ou unha intensidade de descortizamento.

Superficie en rexeneración: Superficie na que a masa arbórea se renova por calquera procedemento.

Taxa de crecemento: Medida da variación dos valores dasocráticos altura, diámetro, volume, etc., referido a un período determinado de tempo.

Territorio Forestal: A superficie forestal da rexión forestal definida pola lexislación vixente.

Titulación: Estudos de carácter universitario incluídos no catálogo nacional de títulos e, polo tanto, con validez en todo o territorio nacional, así como outras titulacións universitarias estranxeiras homologadas.

Unidade de Xestión Rexional-Rexión Forestal: entenderase como a totalidade do territorio forestal para avaliar, para efectos da avaliación rexional, é dicir, a rexión forestal que poderá/n ser comarca/s, provincia/s, illa/s, macizo/s forestal/s ou CC.AA.

Unidade de xestión: Superficie que é obxecto dunha xestión forestal sostible.

Uso múltiple; multifuncionalidad: Triplo papel que cumpren os montes: protección, producción e uso social. Na súa determinación para unha unidade de xestión débese definir a simultaneidade e secuencialidade, a asignación de prioridades ou usos dominantes, a relación entre usos e a reversibilidade dos mesmos.

Vía de acceso: Camiño que discorre polos montes, polo que poden circular vehículos a motor, que serve para realizar labores de vixilancia e traballos, extinción de incendios e extracción de produtos.

Xestión forestal sostible: Administración e uso dos bosques e os montes de maneira e en tal medida que manteñan a súa biodiversidade, produtividade, capacidade de rexeneración, vitalidade e o seu potencial de cumprir, agora e no futuro, funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes, a escala local, nacional e global, sen lles causar dano a outros ecosistemas (Conferencia Ministerial Helsinki, 1993).

Xestor forestal: Persoa física ou xurídica responsable das operacións de xestión do recurso e da empresa forestal, así como do sistema e estrutura da xestión, da planificación e dos traballos de campo.

<< Anteriores termos

Subvencionado por: