Certificación forestal individual

Cert_forestal_ind_gal.jpg

Un propietario ou xestor forestal pódelle solicitar directamente á entidade de certificación forestal acreditada o inicio do proceso de certificación.

O solicitante presenta o seu sistema de xestión que debe cumprir e asume e cumpre as Normas UNE e Directrices Rexionais, se existen.

A entidade de certificación inicia a auditoría demandando a documentación necesaria e, posteriormente, realiza a visita sobre o terreo para comprobar o cumprimento de todos os requisitos esixidos, emitindo o informe correspondente.

Se o informe é favorable, emite o Certificado de Xestión Forestal Sostible.

Se o informe non é favorable, se concede un período de tempo para emendar as non conformidades, comprobando nunha segunda visita as correccións realizadas.

O propietario ou xestor forestal, unha vez superada a fase de auditoría, solicitará a PEFC España a licenza de uso do logotipo.

Voltar á páxina principal

Subvencionado por: