Certificación forestal de grupo

Un colectivo de propietarios ou xestores forestais agrúpanse a través dunha Entidade Asociativa legalmente constituída, que será designada Entidade Solicitante, que será a responsable da solicitude e custodia do Certificado Forestal de Grupo.

A Entidade Solicitante de Grupo, deberá entre outros, establecer un Procedemento de Control para o seguimento dos adscritos en relación co cumprimento do conxunto de obrigas, incluídas accións preventivas e correctoras.

A entidade de certificación audita o Procedemento de Control, e o territorio adscrito por mostraxe segundo a Norma UNE 162002-1.

Se o informe é favorable, emite o Certificado de Xestión Forestal Sostible.

Se o informe non é favorable,  concédese un período de tempo para emendar as non conformidades, comprobando nunha segunda visita as correccións realizadas.

A Entidade Solicitante de Grupo unha vez superada a fase de auditoría, solicitaralle a PEFC España a licenza de uso do logotipo.

Voltar á páxina principal

Subvencionado por: