Certificación forestal rexional

A certificación rexional require a existencia dunha entidade que exerza de entidade solicitante rexional, e que agrupe de forma directa ou a través dos seus representantes, aos xestores forestais da rexión interesados no proceso da certificación.

A Entidade Solicitante Rexional, será a responsable da solicitude e a custodia do Certificado Forestal Rexional.

Funcións da Entidade Solicitante Rexional:

  • Elaborar o Referente Técnico Rexional.
  • Asumir e facer cumprir as normas UNE 162.002 e as directrices rexionais elaboradas pola Asociación Promotora de Certificación Forestal.
  • Establecer un Procedemento de Control para o seguemento dos adscritos en relación co cumprimento do conxunto das súas obrigas, incluídas as accións preventivas e correctoras.
  • Garantir que as actividades relacionadas coa certificación se realizan.
  • Manter un rexistro de superficies forestais adscritas á rexión.
  • Solicitar a sublicenza de uso do logo.
  • Tramitar para cada adscrito o diploma de participación na certificación rexional.
  • Tramitar documento acreditativo que avala os produtos forestais procedentes da superficie certificada.
  • Custodiar o mantemento do certificado rexional.

 

Voltar á páxina principal

 

 

Subvencionado por: