Certifica o teu monte con PEFC

é importante para todos!

  • A certificación forestal é a única proba independente para demostrar a sostibilidade da túa xestión.

  • Consolida e mellora a imaxe positiva do monte e dos produtos forestais como unha materia prima natural, ecolóxica, renovable e reciclable.

  • Os instrumentos de xestión asociados á certificación, ofrécennos a información e planificación axeitada para xestionar o monte segundo prácticas adaptadas social, económica e ambientalmente ás condicións locais.

  • O teu monte produce de forma eficaz se o xestionas sostiblemente.

  • Supón un aumento dos posibles mercados receptores de madeira e de calquera outro produto forestal (resina, cortiza, cogumelos, castañas,..), incrementando en moitas ocasións o seu valor.

  • Cada vez máis entidades e empresas demandan que os produtos procedan de montes certificados, administracións públicas, empresas de construción, do mundo da moda, grandes superficies, bricolaxe,…

  • A certificación axúdanos no cumprimento da lexislación forestal.

Certifica a túa empresa, o teu produto

O que vendes é o que te distingue!

Os consumidores esperan que os materiais utilizados nos produtos que compran teñan un impacto mínimo sobre o medio ambiente e utilizando a etiqueta PEFC as organizacións fan visible o seu compromiso coa subministración responsable.

 

Asociar unha marca á etiqueta PEFC demostra que os produtos con base forestal como o papel, a madeira, a cortiza, as resinas e, mesmo, os alimentos, proveñen de fontes non conflitivas e ben xestionadas. Isto é cada vez máis importante xa que os consumidores son moi conscientes do impacto das súas decisións de compra e toman en consideración as etiquetas ambientais.

 

Posicionamiento

A etiqueta PEFC é un factor diferenciador clave no mercado de produtos forestais.

Apostando por PEFC, as empresas adquiren un liderado e unha vantaxe competitiva fronte ao resto dos provedores da cadea de valor.

A esixencia de sostibilidade tamén se reflicte nas políticas de contratación de moitos gobernos e empresas, que especifican a certificación PEFC como requisito para a selección de provedores e a adquisición de produtos.

Confianza e compromiso

A etiqueta PEFC demostra que as empresas empregan materiais ambiental e socialmente responsables.

A etiqueta PEFC demostra que as empresas empregan materiais ambiental e socialmente responsables, o que xera confianza no consumidor e permite recoñecer o compromiso corporativo coa sostibilidade.

Redución de riscos

PEFC asegura a rastrexabilidade das materias primas ao longo da cadea de valor.

Reducindo o risco de que se incorpore material forestal procedente de fontes conflitivas.  A etiqueta PEFC garante unha cadea de subministración transparente, rastrexable e segura.

Subministración segura

Como PEFC é a maior fonte global de produtos forestais sostibles, hai unha maior dispoñibilidade e variedade de materias primas certificadas.

PEFC está implantado nos cinco continentes, polo que elixir PEFC é asegurar a subministración de materias primas responsables.

Visibilidade

Utiliza a etiqueta PEFC e fai visible o teu compromiso coa sostibilidade.

Utilizar a etiqueta PEFC sobre os teus produtos e as súas embalaxes, dándolle visibilidade á túa certificación a través da páxina web, nos catálogos e materiais comerciais, na papelería corporativa, tarxetas de visita, nas feiras e eventos nos que participes, nas redes sociais etc. , demostrando o teu compromiso coa sostibilidade, pode axudarche a acceder a novos clientes concienciados social e medioambientalmente.

ATOPA CERTIFICADO PEFC

PEFC mantén bases de datos completas para garantir un fácil acceso á información relevante sobre os titulares de certificados, usuarios de logotipos e etiquetas, produtos certificados, organismos de certificación acreditados e esquemas de certificación nacionais avalados por PEFC.