Descubrindo a Madeira

Coidamos os montes con PEFC Galicia

Pon atención. Mira ao teu arredor e non perdas nin un detalle. Se te fixas ben verás que a madeira está presente en todas partes, aínda que ás veces non te deas conta: no parque, na túa casa, no teu colexio, ata na túa roupa..

A madeira para facer todos eses obxectos que usas cada día, extráese dos montes para crear produtos renovables e sostibles.

Porque as árbores son unhas máquinas incribles. Producen osíxeno e capturan o CO2 que hai na atmosfera, evitan que o chan se deteriore, son refuxio de miles de animais, e son unha fonte inesgotable de recursos, como froitos, resina ou a madeira. Por iso, os bosques son un dos ecosistemas máis valiosos do planeta.

Pero para que sempre haxa madeira hai que coidar os montes, para que as árbores non se enfermen, non se queimen, e as que se corten se volvan plantar.

PEFC ten un papel importante no uso axeitado dos bosques. Establece unhas regras para que se manteña o equilibrio en todas as súas funcións, sociais, ambientais e económicas.

PEFC outorga un certificado, como o teu diploma do cole, a todos os propietarios e propietarias que coidan os seus montes e ás empresas que fabrican e venden produtos feitos coa madeira deses mesmos montes, para que todo o mundo saiba o ben que o fan.
Saberás que os mobles, os lapis ou os cómics que che gusta ler proceden dun monte ben xestionado cando vexas neles o selo PEFC.

PEFC axuda os montes para que poidamos usalos agora e no futuro, e ti?

For privacy reasons YouTube needs your permission to be loaded. For more details, please see our Política de Privacidade.
I Accept

Estes xogos foron creados especialmente para ti. Para que te divirtas aprendendo. 

Comeza a aventura e descubre cousas incribles das árbores, os montes e a madeira!

DESCUBRINDO A MADEIRA. Actividades

DESCUBRINDO A MADEIRA. Actividades

IMAXINA. O xogo de cartas que enlaza o teu mundo a través da madeira sostible.

IMAXINA. O xogo de cartas que enlaza o teu mundo a través da madeira sostible