O obxectivo do concurso é dar a coñecer a importancia de xestionar os montes de forma sostible, englobando os aspectos sociais, ambientais e económicos, da súa conservación e do seu aproveitamento, das persoas que viven, traballan e gozan deles, os traballos que se realizan, a cadea de subministración de materia prima nunha industria forestal moderna, innovadora e responsable, os procesos de transformación, os produtos con base forestal que empregamos no día a día, a multitude de usos da madeira…

A participación é gratuíta  –  Concurso cofinanciado por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal

DATAS

O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00.01 horas do 1 de setembro do 2021 e finalizará o 01 de novembro de 2021 ás 11.59 horas.

Os gañadores anunciaranse o 10 de novembro do 2021.

Os participantes só poderán presentar as súas fotografías a través da páxina: https://pr.easypromosapp.com/p/924744

Os participantes poderán enviar ata 5 imaxes. O concurso está aberto a todos aqueles interesados, desde fotógrafos profesionais, afeccionados, ata quen goza da natureza, do monte e dos seus produtos, e o ámbito das fotografías é Galicia.

Sube a túa foto aquí

PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO:

Aloxamento de 2 noites para 2 persoas nas Cabaniñas do Bosque, situadas en Outes (A Coruña). www.cabanitasdelbosque.com

 Por cortesía de DOARTESANATO, obterás un bono con validez de 1 ano para gozar dun aloxamento singular e pioneiro en Galicia. As Cabaniñas do Bosque, son cabanas de madeira completamente equipadas e construídas sobre a copa dunha árbore, de gran calidade arquitectónica, ecolóxicos e moi respectuosos coa paisaxe e o territorio onde se sitúan.

En 2020, Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais; Primeiro premio: “Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais”, outorgado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Premio nacional de Arquitectura 2020 outorgado polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.

*Poderase gozar a reserva previa confirmación de dispoñibilidade e fóra de datas de tempada alta.

SEGUNDO PREMIO:

Conxunto de utensilios de cociña elaborados en madeira e acompañados do libro “El bosque en tu paladar. Sabores de bosques sostenibles co asesoramento gastronómico da Chef Charo Val e editado por PEFC España.

TERCEIRO PREMIO:

Caixa agacha tesouros con marco fotográfico incorporado, e un USB con capacidade de 32GB elaborados con madeira certificada PEFC.

 

PREMIO ESPECIAL CADEA MONTE-INDUSTRIA:

Vale de 100€ para a compra de produtos certificados PEFC en LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U.

Por cortesía de LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U., con validez de 1 ano para facer uso do agasallo.

Este premio especial é especifico para aquelas fotografías que representen os traballos que se executan nos montes e os seus procesos de transformación ao longo da cadea monte-industria para obter un produto final natural, renovable, reciclable e biodegradable. Só este tipo de fotografías poderán acceder ao premio especial, sen menoscabar o dereito de acceder a calquera dos outros premios.

BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN

Concurso de fotografía “O futuro é de madeira” Os gañadores anunciaranse o 10 de novembro do 2021.