Certifica o teu monte con PEFC
é importante para todos!
A certificación forestal é a única proba independente para demostrar a sostibilidade da túa xestión.
Consolida e mellora a imaxe positiva do monte e dos produtos forestais como unha materia prima natural, ecolóxica, renovable e reciclable.
Os instrumentos de xestión asociados á certificación, ofrécennos a información e planificación axeitada para xestionar o monte segundo prácticas adaptadas social, económica e ambientalmente ás condicións locais.


O teu monte produce de forma eficaz se o xestionas sostiblemente.
Supón un aumento dos posibles mercados receptores de madeira e de calquera outro produto forestal (resina, cortiza, cogumelos, castañas,..), incrementando en moitas ocasións o seu valor.
Cada vez máis entidades e empresas demandan que os produtos procedan de montes certificados, administracións públicas, empresas de construción, do mundo da moda, grandes superficies, bricolaxe,…
A certificación axúdanos no cumprimento da lexislación forestal.
Certifica a túa empresa, o teu produto
O que vendes é o que te distingue!
Os consumidores esperan que os materiais utilizados nos produtos que compran teñan un impacto mínimo sobre o medio ambiente e utilizando a etiqueta PEFC as organizacións fan visible o seu compromiso coa subministración responsable.
Asociar unha marca á etiqueta PEFC demostra que os produtos con base forestal como o papel, a madeira, a cortiza, as resinas e, mesmo, os alimentos, proveñen de fontes non conflitivas e ben xestionadas. Isto é cada vez máis importante xa que os consumidores son moi conscientes do impacto das súas decisións de compra e toman en consideración as etiquetas ambientais.
Posicionamiento
A etiqueta PEFC é un factor diferenciador clave no mercado de produtos forestais.Apostando por PEFC, as empresas adquiren un liderado e unha vantaxe competitiva fronte ao resto dos provedores da cadea de valor.
A esixencia de sostibilidade tamén se reflicte nas políticas de contratación de moitos gobernos e empresas, que especifican a certificación PEFC como requisito para a selección de provedores e a adquisición de produtos.
Confianza e compromiso
A etiqueta PEFC demostra que as empresas empregan materiais ambiental e socialmente responsables.A etiqueta PEFC demostra que as empresas empregan materiais ambiental e socialmente responsables, o que xera confianza no consumidor e permite recoñecer o compromiso corporativo coa sostibilidade.
Redución de riscos
PEFC asegura a rastrexabilidade das materias primas ao longo da cadea de valor.Reducindo o risco de que se incorpore material forestal procedente de fontes conflitivas. A etiqueta PEFC garante unha cadea de subministración transparente, rastrexable e segura.
Subministración segura
Como PEFC é a maior fonte global de produtos forestais sostibles, hai unha maior dispoñibilidade e variedade de materias primas certificadas.PEFC está implantado nos cinco continentes, polo que elixir PEFC é asegurar a subministración de materias primas responsables.
Visibilidade
Utiliza a etiqueta PEFC e fai visible o teu compromiso coa sostibilidade.Utilizar a etiqueta PEFC sobre os teus produtos e as súas embalaxes, dándolle visibilidade á túa certificación a través da páxina web, nos catálogos e materiais comerciais, na papelería corporativa, tarxetas de visita, nas feiras e eventos nos que participes, nas redes sociais etc. , demostrando o teu compromiso coa sostibilidade, pode axudarche a acceder a novos clientes concienciados social e medioambientalmente.
ATOPA CERTIFICADO PEFC
PEFC mantén bases de datos completas para garantir un fácil acceso á información relevante sobre os titulares de certificados, usuarios de logotipos e etiquetas, produtos certificados, organismos de certificación acreditados e esquemas de certificación nacionais avalados por PEFC.