A certificación da

Xestión Forestal Sostible

Miles de propietarios forestais galegos, xa se sumaron á certificación PEFC, permitíndolles proporcionar garantías de que xestionan os seus montes baixo criterios de sostibilidade de acordo con requisitos ambientais, sociais e económicos, equilibrando persoas, planeta e ganancias.

A certificación forestal é voluntaria, e consta de dous procesos separados pero vinculados:

Como podo certificar ou meu monte?

Non todos os montes e propietarios forestais son iguais, por iso a certificación PEFC adáptase a todos.

Modalidade individual

Para os propietarios ou xestores forestais de grandes superficies, a certificación individual é a opción perfecta para que demostren as súas prácticas sostibles na xestión dos seus montes.

Modalidade

Para os propietarios de pequenos montes, existe un enfoque alternativo que permite a certificación de múltiples propietarios forestais, para que poidan organizarse, agrupar os seus recursos e traballar en equipo para lograr a certificación, garantindo que a certificación PEFC sexa alcanzable e práctica.

Grupo

Rexional

     PROCESO DE CERTIFICACIÓN

  1. A propiedade individual a entidade de Grupo ou a Rexional solicitan a certificación a unha entidade de certificación acreditada e independente a PEFC.
  2. A entidade certificadora demanda a documentación necesaria e cuestionario previo á auditoría.
  3. AUDITORÍA. Establécese un plan de auditoría, programando tempos de revisión documental e saída aos montes. Visita do auditor forestal.
  4. O auditor forestal elabora o informe de auditoría, no que se recolle a existencia ou non de irregularidades e tempos de corrección. Se o informe non é favorable, deberán corrixirse as non conformidades no tempo establecido, pudendo dar lugar a unha segunda visita do auditor (auditoría extraordinaria). Se o informe é favorable, continúase co procedemento.
  5. Emisión do Certificado de Xestión Forestal Sostible. A entidade certificadora comunica a PEFC España o novo certificado. A entidade solicitante solicita a PEFC España a concesión de licenza para o uso da Marca e Sistema PEFC. En Galicia, será a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC GALICIA, a encargada de emitir e xestionar a licenza PEFC.
  6. A entidade solicitante xa se atopa en condicións de poñer no mercado a madeira ou calquera outro produto forestal procedente das superficies certificadas. Para que chegue ao consumidor final como produto certificado, debe garantirse a súa rastrexabilidade a través da Cadea de Custodia.
  7. PRODUTOS CERTIFICADOS. Consumidor final.

Beneficios dos montes