É unha alianza global líder de sistemas nacionais de certificación forestal. Dedicámonos a promover a xestión forestal sostible a través dunha certificación independente de terceiros.
QUE FACEMOS?
Traballamos ao longo de toda a cadea de subministración forestal para promover unha xestión sostible nos montes, garantindo que se xestionan de acordo con esixentes requisitos ambientais, sociais, económicos e éticos.
Ofrecemos aos propietarios de montes, desde os máis grandes ata os máis pequenos, unha ferramenta para demostrar as súas prácticas responsables, á vez que permitimos que os consumidores e as empresas compren con garantías de orixe.
PEFC GALICIA
A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia, nace no 2003 como unha asociación sen ánimo de lucro da man dun conxunto de entidades galegas representantes de propietarios e xestores forestais, de empresas, institucións do ámbito universitario e científico vinculadas ao sector forestal, colexios e asociacións profesionais, co fin de promover a xestión forestal sostible e a certificación forestal PEFC en Galicia.
SOMOS
Información
SOMOS
Servizo
SOMOS
Xestión
SOMOS
Colaboración
SOMOS
Formación
SOMOS
Compromiso
QUE BUSCAMOS?

Promover no ámbito autonómico a xestión e uso dos montes con prácticas responsables e con tal intensidade que manteñan a súa diversidade biolóxica, produtividade, capacidade de rexeneración, vitalidade e o seu potencial de cumprir agora e no futuro funcións ecolóxicas, económicas e sociais, sen ocasionar prexuízos a outros ecosistemas.
Promover o coñecemento e aplicación dos criterios e indicadores acordados nas distintas Conferencias Ministeriais de FOREST EUROPE.
Promover e difundir o Sistema Español de certificación forestal PEFC en Galicia.
O estudo, a conservación, a protección, a promoción e defensa dos recursos naturais, da paisaxe e do medio ambiente en Galicia.