A Certificación Forestal benefícianos a todos:
aos consumidores, aos propietarios, á industria transformadora, aos distribuidores e aos comerciantes.
Actualmente, só ao redor do 10% dos montes do mundo están certificados baixo un selo de xestión forestal sostible. Hai moitas formas de involucrarse e axudar a protexer os nosos montes, desde tomar decisións responsables cando imos de compras, demostrar que somos silvicultores activos con prácticas sostibles ou que as nosas empresas apostan pola sostibilidade garantindo a rastrexabilidade da orixe dos produtos.

Busca a etiqueta PEFC
Unha das formas máis simples en que pode axudar a protexer os nosos montes é elixir a etiqueta PEFC nos produtos. Cando vexa a etiqueta PEFC, significa que o material forestal do produto provén dun monte que se xestiona de acordo cuns requisitos ambientais, sociais e económicos moi estritos.
Un monte que existirá por xeracións.

A través da certificación PEFC, podemos rastrexar o material desde os montes, ata a cadea de subministración e ata o produto final que compre.
Hai unha gran variedade de produtos con certificación PEFC dispoñibles, e como somos internacionais, pode atopalos en todo o mundo, sen importar onde viva.

Certifica o teu monte
A certificación forestal é a única proba independente para demostrar a sostibilidade da túa xestión
Certifica a túa empresa
Utilizando a etiqueta PEFC as organizacións fan visible o seu compromiso coa subministración responsable…