A certificación de

Cadea de Custodia PEFC

Está aberta a todas as empresas que fabrican, procesan, comercializan ou venden produtos forestais, proporcionando unha garantía verificada independente de que o material forestal certificado dun produto provén de montes xestionados de forma sostible.

Desde pequenas e medianas empresas ata marcas globais, cada vez máis compañías ao longo da cadea de valor da madeira buscan demostrar a súa responsabilidade co medio ambiente.

A certificación de grupo PEFC é a nosa solución práctica para facer que a certificación de Cadea de Custodia PEFC sexa factible para pequenas empresas. As organizacións con actividades da Cadea de Custodia en múltiples localizacións poden obter a certificación de todos os seus sitios baixo un só certificado a través da certificación de múltiples sitios PEFC.

A Cadea de Custodia permite ás empresas demostrar o seu abastecemento legal e sostible de produtos forestais.

LEXISLACIÓN

Cumprir coa lexislación

Os gobernos de todo o mundo estableceron unha lexislación deseñada para apoiar o comercio de madeira legal e para negar a entrada ao mercado de produtos de madeira producidos ilegalmente, como o Regulamento da Madeira da UE ( EUTR) ou a Lei Lacey dos EEUU, e a Cadea de Custodia PEFC está deseñada para permitirlle demostrar o cumprimento dos devanditos requisitos lexislativos.

CLIENTE

Satisfacer as expectativas do cliente

Os compradores públicos e privados a miúdo van máis aló dos requisitos legais e esixen a garantía da sostibilidade do monte, demostrando o seu compromiso para frear a deforestación, conservar a biodiversidade e a súa responsabilidade social.

Como obter a certificación da Cadea de Custodia?

Primeiro, deberá determinar o alcance da súa certificación. Que produtos quere vender cun reclamo ou etiqueta PEFC? Busca certificar un proxecto único? Que partes da súa organización realizan actividades da Cadea de Custodia? Ten a súa organización actividades da Cadea de Custodia en múltiples localizacións?

Para obter a certificación de Cadea de Custodia PEFC, debe desenvolver e implementar procedementos para contabilizar a compra, o seguimento, a fabricación, a venda e o mantemento de rexistros de materiais certificados.

Os procedementos establecidos nos seus sistemas de xestión deben cumprir co estándar PEFC International Chain of Custody PEFC ST 2002:2020. Pode integrar esta información nos sistemas existentes que a súa empresa xa implementase, como os procedementos ISO 9001 ou ISO 14001.

Debe implementar un Sistema de Dilixencia Debida e os procesos para asegurarse de que separou a produción ou xestión de produtos certificados dos non certificados, e que contabilizou con precisión o contido certificado nun produto que contén material certificado e non certificado.

Debe identificar, informar e capacitar ao persoal responsable das tarefas que afectarán a implementación e o mantemento da Cadea de Custodia; Isto inclúe compradores, persoal de márketing e vendas. É vital asegurarse de que todos os involucrados teñan o coñecemento apropiado do propósito e os requisitos da certificación da Cadea de Custodia.

A continuación, deberá realizar auditorías internas de forma anual. Estas auditorías internas son adicionais ás auditorías externas de terceiros.