SEMINARIO | Novo Sistema Español de Certificación Forestal PEFC
O Sistema Español de Certificación Forestal, foi recentemente revisado para adaptarse aos novos requisitos normativos establecidos por PEFC Internacional.
Esta nova versión do Sistema introduce cambios significativos na súa configuración documental, nos procedementos específicos de PEFC España e na Norma UNE 162.002.
PEFC Galicia organiza un seminario técnico presencial clave para garantir a correcta adaptación ao novo marco normativo.
Dirixido a entidades certificadas, consultorías, enxeñeiros e enxeñeiras forestais e de montes, responsables de sistemas de xestión, estudantes e demais axentes do sector forestal galego.
O encontro celebrarase o 3 de xuño en Santiago de Compostela, e contará coa participación de Ana Belén Noriega, CEO de PEFC España; Marta Salvador, Directora Técnica; María Pérez, responsable da Área de Integridade do Sistema e Manuel Marín, responsable da Área de Xestión Forestal Sostible de PEFC España. O acto de apertura e presentación correrá a cargo de Enrique Valero, Presidente de PEFC Galicia.
Acción Gratuíta, cofinanciada por XERA Axencia Galega da Industria Forestal
#industriaforestalmadeira #XERAsavia #ElasXeranSector #GaliciaÉMadeira #OFuturoÉdeMadeira
PROGRAMA













