Evento divulgativo presencial cuxo obxectivo é presentar diferentes iniciativas en materia de innovación no medio rural, que se están levando a cabo na nosa contorna, e creadas co fin común de promover novos proxectos e actividades nos sectores agroalimentario e forestal.
Ademais dos resultados e conclusións alcanzados co desenvolvemento dos Grupos Operativos COGOMELOS+, MILLOPRECISO e REGAVID, que chegan ao seu fin, neste evento presentaranse novos proxectos que actualmente aínda están en execución e que, do mesmo xeito que os anteriores, pretenden dar solución a diversas problemáticas dos sectores agroalimentario e forestal.
Por tanto, nesta xornada poderemos coñecer tamén os obxectivos e actividades que se están levando a cabo no marco dos proxectos BIO_MARTERRA, MULTI-FOREST, PURINPRECISO, SUEROVAL, AGRI-RESVAL e GUIPROGAL, así como os avances e resultados alcanzados ata o momento.
Data: Martes 29 de outubro, 2024.
Lugar: Sede FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida, Santiago de Compostela (A Coruña)
Duración: De 08:30 h a 14:00 h.












