MASTERCLASS E TALLER PRÁCTICO
MÉTODOS INTEGRAIS PARA A XESTIÓN DA MARCA E A ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL
Avanzar cara a unha bioeconomía circular xa non é unha opción senón unha obrigación coas persoas e o planeta para axudar a abordar os desafíos globais como o cambio climático.
Os produtos forestais son solucións baseadas na natureza que axudan a lograr este reto e o obxectivo nature-positive, e a industria forestal-madeira é imprescindible para acadalo.
A cuestión é que non existe unha percepción e coñecemento claro por parte da sociedade desta función, polo que a súa posta en valor a través dunha axeitada estratexia de comunicación é un dos desafíos do sector forestal.
Celebraremos unha MASTERCLASS combinada con TALLER PRÁCTICO, 5 horas de formación e actividades intercaladas, baseadas na ferramenta das 5QS da estratexia.
DIRIXIDO A: DIRECTIVOS, TÉCNICOS, PERSOAL DE COMUNICACIÓN E OUTRAS PERSOAS INTERESADAS EN AMPLIAR OS SEUS COÑECEMENTOS NOS MÉTODOS INTEGRAIS PARA A XESTIÓN DA MARCA E A ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL.
LUGAR: EDIFICIO FEUGA, SANTIAGO DE COMPOSTELA.
INSCRÍBETE, AS PRAZAS SON LIMITADAS
Cofinanciado por: Axencia Galega da Industria Forestal
«O apoio da Axencia Galega da Industria Forestal para a elaboración desta publicación non implica a aceptación dos seus contidos, que serán responsabilidade exclusiva dos seus autores. Por tanto, a Axencia Galega da Industria Forestal non é responsable do uso que se poida facer da información aquí difundida».














