Os montes son fonte inesgotable de recursos: madeira, cortiza, resina, cogomelos, castañas, …e tamén de tecido.
Tecendo sostibilidade
As árbores proporcionan fibras celulósicas que podemos transformar en material téxtil. A cantidade de produtos que podemos fabricar a partir deste material natural é infinita; tecido non tecido (mascarillas, cueiros,..), téxtiles industriais (automoción, maquinaria, illantes..) téxtiles para o fogar… e tamén para o mundo da moda.
PEFC promove que as fibras a base de madeira utilizadas no sector téxtil procedan dun abastecemento responsable de montes xestionados de forma sostible.
O emprego de tecidos de orixe forestal é a alternativa a outro tipo de fibras como as sintéticas (derivadas del petróleo) e incluso ao algodón que no seu proceso de produción consome máis enerxía maior cantidade de auga.
INICIATIVA PEFC ESPAÑA
Iniciativa Forest for Fashion
PEFC colabora a través dun acordo de participado coa iniciativa “Forest For Fashion”, desenvolta pola sección de bosques e madeira de UNECE/ FAO, que ten como obxectivo promover o uso de materiais sostibles procedentes de bosques ben xestionados no mundo da moda. No marco deste proxecto, o bosque e a moda aúnan forzas: a creatividade da moda e do deseño contribúe a poñer en valor os bosques e os seus recursos, e os bosques axudan á moda para ser un sector máis sostible.
INICIATIVA PEFC GALICIA
Bosques PEFC, Tecendo Sostibilidade
PEFC Galicia, co obxectivo de promover o uso de tecidos procedentes de montes xestionados de forma sostible, achegouse aos futuros deseñadores de moda da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, para informar sobre a necesidade e a demanda dos consumidores de empregar materiais naturais, renovables, reciclables, biodegradables e procesos produtivos máis respectuosos co ambiente, que reduzan o consumo de auga e emisións de CO2 e asegurar unhas condicións sociais e de traballo digno.
Téxtil Santanderina S.A., primeiro produtor de tecidos certificados PEFC a nivel internacional, facilitou tecido PEFC ao alumnado para desenvolver os seus proxectos de deseño e moda.
Tecidos de árbores para unha moda sostible,
naturalmente renovables e biodegradables.