O pasado 14 de febreiro de 2020, entraron en vigor as novas normas PEFC ST 2002:2020 Cadea de Custodia de Produtos forestais e arbóreos – Requisitos e PEFC ST 2001:2020 Regras de Uso das Marcas PEFC – Requisitos,  substituíndo ás versións anteriores. Existe un periodo de transición tras o cal todos os usuarios das normas deberán axustarse á nova normativa.

 

Convidámoslle a participar nun encontro onde os responsables de área de PEFC España explicarán detalladamente os cambios entre as normas que están a aplicar e as súas edicións actualizadas. O obxectivo principal será resolver todas as súas dúbidas para facilitar a  adapación da súa empresa á nova normativa.

 

Contaremos no acto de apertura coa presenza de D. Ignacio Lema PiñeiroDirector de  XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.

LIGAZÓN INSCRICIÓN

 

Acción gratuíta, cofinanciada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.

Prazas limitadas.