O obxectivo do concurso é dar a coñecer a importancia dos montes para a nosa vida, resaltando a necesidade de coidalos e xestionalos de forma sostible, das persoas que viven, traballan e gozan deles e a existencia dunha industria forestal moderna, innovadora e responsable.

O concurso está aberto a todos aqueles interesad@s, desde fotógrafos profesionais, afeccionados, ata quen goza da natureza, o monte e dos seus produtos.

O ámbito das fotografías é Galicia.

DATAS

O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00.01 horas do 15 de agosto do 2020 e finalizará o 01 de novembro de 2020 ás 11.59 horas. Os gañadores anunciaranse o 10 de novembro do 2020.

Os participantes só poderán presentar as súas fotografías a través da páxina: https://pr.easypromosapp.com/p/900200

Os participantes poderán enviar ata 5 imaxes.

Amosa esas paisaxes inesquecibles, esas árbores que nos dan sombra, o discorrer dun regato, o refuxio de multitude de animais, como gozar da liberdade que nos ofrece a natureza no tempo de lecer. Amosa os alimentos que podemos obter, esa fonte de recursos sostibles que xera traballo no monte e na transformación para aprovisionarnos de produtos respectuosos co medio. Amosa a fabricación dun produto con base forestal, a construción en madeira ou a calidez do fogar, ese envase, esa embalaxe ou ese tecido, que sí, que tamén proceden das árbores!

Sube a túa foto aquí

PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO: Aloxamento de 2 noites para 2 persoas nas Cabaniñas do Bosque, situadas en Outes (A Coruña). www.cabanitasdelbosque.com

Por cortesía de DOARTESANATO, obterás un bono con validez de 1 ano para gozar dun aloxamento singular e pioneiro en Galicia. As Cabaniñas do Bosque, son cabanas de madeira completamente equipadas e construídas sobre a copa dunha árbore, de gran calidade arquitectónica, ecolóxicos e moi respectuosos coa paisaxe e o territorio onde se sitúan. Poderase gozar a reserva previa confirmación de dispoñibilidade e fora de datas de temporada alta.

SEGUNDO PREMIO: Conxunto de complementos para empregar no teu día a día, elaborados con tecido procedente de árbores xestionados de forma sostible e certificados PEFC. Deseñados e confeccionados pola deseñadora e artesá galega Mónica Rodríguez – PECORA.

TERCEIRO PREMIO: Caixa agacha tesouros con marco fotográfico incorporado, e un USB con capacidade de 32GB. Ambos agasallos elaborados con madeira certificada PEFC.

SPECIAL CADEA MONTE-INDUSTRIA: Caixa agacha tesouros con marco fotográfico incorporado, 2 USB con capacidade de 32GB e 2 libretas de diferentes tamaños. Todos os agasallos certificados PEFC.

Este premio especial é especifico para aquelas fotografías que representen os traballos que se executan nos montes e os seus procesos de transformación ao longo da cadea monte-industria para obter un produto final natural, renovable, reciclable e biodegradable. Só este tipo de fotografías poderán acceder ao premio especial, sen menoscabar o dereito de acceder a calquera dos outros premios.

A participación é gratuíta. Concurso cofinanciado por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.

BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN

Concurso #NÓS💚MONTE