Multifuncionalidade e valorización integral do monte a través da Certificación PEFC

QUE É Multi-Forest?

Multi-Forest é un grupo operativo galego que pretende obter un modelo multifuncional e resiliente dun monte a través dunha mellora continua na súa xestión que permita incrementar a súa sustentabilidade e achegar un valor engadido aos produtos e aproveitamentos realizados nel.

Multi-Forest pretende contribuír a potenciar e revalorizar os sectores forestal e agrogandeiro mediante a revitalización de zonas pouco produtivas ao ofrecer alternativas viables e resilientes ante os novos escenarios de cambio climático. Trátase de compatibilizar os diferentes aproveitamentos do monte, tanto os xa existentes (plantacións forestais, gando en extensivo, pasto, colmeas, etc.) como outros novos (cultivo de cogomelo shiitake e froitos do bosque), diversificando deste xeito a súa actividade a través do desenvolvemento de medidas e ferramentas eco-innovadoras.

Que son os GRUPOS OPERATIVOS?

Os Grupos Operativos, actores principais da implementación da AEI-Agri (Asociación Europea de Innovación en Agricultura produtiva e sostible), son unha das ferramentas clave na execución do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal dentro do ámbito europeo. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación e divulgación, que se asocian para poñer en marcha un proxecto de innovación co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Quen son os DESTINATARIOS de Multi-Forest?

Que OBXETIVOS ten Multi-Forest?

O obxectivo principal do proxecto é promover a multifuncionalidade dos montes a través dunha diversificación e compatibilización dos seus aproveitamentos desde unha valorización integral, innovando na planificación e xestión ao considerar novas oportunidades para a revalorización do rural galego a través dun uso agroforestal resiliente, competitivo, viable e diverso.

Para iso partirase dunha análise de idoneidade do monte a través de tecnoloxías satelitales que permita avaliar a viabilidade de implantar pequenas zonas para o cultivo de froitos do bosque e/ou cogomelo shiitake, mentres se consegue a certificación da cadea de custodia do mel e a carne de cabalo e os seus derivados, terminando cunha análise de pegada de carbono da xestión multifuncional do monte.

Actividades de Multi-Forest

Que RESULTADOS espéranse de Multi-Forest?

Obterase un novo sistema produtivo agrosilvopastoril de alto grao de diversidade e competitividade, avaliando a potencialidade de diferentes zonas do monte para o seu aproveitamento ecolóxico, integrándoo con usos xa existentes. Para dar valor engadido, conseguirase/consolidará a certificación forestal sostible PEFC do monte e traballarase na certificación da cadea de custodia dos produtos obtidos produtos non maderables. Todas as actuacións realizaranse @teniendo en cuenta os custos e beneficios ambientais, sociais e económicos, aumentando a competitividade da zona rural e incentivando o patrimonio natural e tradicional galego.

QUEN CONFORMAN Multi-Forest?

O grupo operativo Multi-Forest está coordinado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e conta coa participación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña (CMVMC Baroña), a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia) e a Universidade de Vigo (UVigo) a través do grupo de investigación de Enxeñería Agroforestal (AF4).

Material desenvolvido polo Grupo Operativo Multi-Forest

Multifuncionalidade e valorización integral do monte a través da Certificación de la Cadena de Custodia PEFC

Orzamento total do proxecto: 179.980,81 €

Subvención: 179. 980,81 €

Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

For privacy reasons YouTube needs your permission to be loaded. For more details, please see our Política de Privacidade.
I Accept