TÉCNICAS DE RESINACIÓN NO PIÑEIRO

Cargando eventos

CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO

TÉCNICAS DE RESINACIÓN NO PIÑEIRO

PEFC Galicia coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña, realizará o vindeiro mes de setembro un curso teórico-práctico de técnicas de resinación no piñeiro, que se celebrará no Monte de Baroña en Porto do Son, e no que poderán participar todos aqueles interesados de xeito gratuíto.

DIRIXIDO A: TRABALLADOR@S DO SECTOR FORESTAL, EMPRESAS DE SERVIZOS, ENXEÑEIR@S FORESTAIS E DE MONTES, PROPIETARI@S E XESTORES FORESTAIS, COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS E OUTRO ACTORES INTERESADOS.

LUGAR: COMUNIDADE DE MONTES DE BAROÑA, PORTO DO SON.

INSCRÍBETE, AS PRAZAS SON LIMITADAS

 

A planificación dos montes con enfoque multiproduto collen pulo, e a actividade resineira nos montes de piñeirais de Galicia está suscitando nos últimos anos interese nos propietarios e xestores de monte, principalmente en comunidades de montes veciñais, mostrando unha evolución positiva ao longo da última década.

A actividade resineira, é unha oportunidade como actividade complementaria do monte que axuda a poñer en valor os recursos naturais desta tipoloxía de bosque, converténdose ademais nun medio efectivo para xerar postos de traballo nun sector emerxente na rexión, logrando o obxectivo de fixación de poboación no ámbito rural, ademais de ser unha forma eficiente e demostrada de evitar os incendios forestais, así como a posibilidade de obter a certificación PEFC deste aproveitamento non madeirable.

A resina ten múltiples aplicacións industriais, desde a produción de vernices e adhesivos ata produtos con alto valor engadido como farmacéuticos e cosméticos, polo que é un aproveitamento a ter en conta.

Cofinanciado por: Axencia Galega da Industria Forestal

«O apoio da Axencia Galega da Industria Forestal para a elaboración desta publicación non implica a aceptación dos seus contidos, que serán responsabilidade exclusiva dos seus autores. Por tanto, a Axencia Galega da Industria Forestal non é responsable do uso que se poida facer da información aquí difundida».

Share This Story, Choose Your Platform!

Go to Top