O monte coñecido como “A Panda da Dá” é un espazo forestal xestionado baixo un modelo sustentable que busca equilibrar a produción de madeira coa conservación dos ecosistemas e a integración coa comunidade local.

Desde a súa adquisición por parte de Finsa en 1989, o predio foi manexado con criterios de xestión sustentable, converténdose nun dos referentes para a silvicultura responsable en Galicia.

Nos últimos anos, Finsa incorporou o enfoque social á súa xestión forestal, promovendo experiencias e actividades que se veñen desenvolvendo no predio de “A Panda da Dá”. Estas experiencias e actividades deséñanse cun enfoque divulgativo e cultural, promovendo a participación da comunidade local, e ofrecendo aos participante

Propiedade: Financiera Maderera S.A. (Finsa)

Superficie certificada PEFC: 400,69 hectáreas desde o 21/06/2004

Localización: As Pontes de García Rodríguez e As Somozas, A Coruña.

Localización e características xerais

A “Panda da Dá” abarca un total de 400 hectáreas distribuídas en diversas parcelas situadas nas parroquias de San Mamede de Somede (As Pontes de García Rodríguez), Santa María de As Pontes de García Rodríguez (As Pontes de García Rodríguez), San Xoán do Freixo (As Pontes de García Rodríguez) e Santa María de Seixas (As Somozas).

Orixinalmente, coma unha gran parte dos montes galegos, tivo un aproveitamento agrario e gandeiro. Sen embargo, trala adquisición do predio por parte de Finsa, emprendéronse distintas actividades de repoboación forestal co propósito de acadar unha explotación forestal rendible.

Actualmente, a maior parte das áreas da finca contan con plantacións de piñeiro insigne (P.radiata) que superan os 30 anos de idade, o que indica que xa acadaron a súa idade de quenda.

As principais características do predio son as seguintes:

Superficie

400,09 hectáreas, distribuídas en diferentes tipos de cobertura forestal, con predominio das masas puras de Pinus radiata e áreas de bosque autóctono nas ribeiras dos regos e arroios.

Clima

A finca atópase nunha rexión con un clima oceánico húmido, con precipitación abundantes e distribuídas ao longo do ano, con temperaturas moderadas, e con humidade relativa alta. Estas condicións climáticas favorecen o crecemento de especies coma os piñeiros.

Orografía e solos

O rango de altitudes é amplo, abarcando dende os 450 metros nas partes máis baixas e chegando ata os 750 metros nas cotas máis altas.

A pendentes son en xeral suaves, aínda que existen áreas con maior inclinación onde se implementan medidas de control da erosión.

Os solos son en xeral silíceos, con presenza da lousa como rocha nai na maioría da superficie. Son solos lixeiramente ácidos e ben drenados, adecuados para o crecemento das especies forestais.

Estrutura e composición forestal

Especies presentes

Pinus radiata (piñeiro insigne), utilizada na produción de madeira estrutural e taboleiros contralaminados (CLT).

Eucalyptus sp. en determinadas áreas de aproveitamento de calidades inferiores.

Bosques autóctonos con mestura de Quercus robur (carballo), Castanea sativa (castaño), Corylus avellana (abeleira), Betula sp. (bidueiro), Alnus glutinosa (ameneiro), Fraxinus excelsior (freixo), etc.

Presenza de bosques de ribeira, asociados a cursos de auga que atravesan a finca.

Distribución por idades e estrutura

As masas forestais presentan unha estrutura heteroxénea, con rodais en diferentes etapas de desenvolvemento, desde plantacións novas ata bosques maduros en fase de aproveitamento.

Infraestructuras

Camiños forestais: Rede de accesos para a xestión e o aproveitamento sostible dos recursos forestais.

Vías de saca: Rede de pistas forestais empregadas para os traballos de extracción da madeira do monte.

Naves: Antigas naves gandeiras que hoxe serven de refuxio para o gando (cabalar) e como almacén de maquinaria.

Plan de xestión forestal sostible

Manexo Forestal

A xestión forestal da finca “A Panda da Dá” está certificada baixo os principais selos de sustentabilidade (FSC® y PEFC).

Rareos, desmestas e podas para mellorar a calidade da madeira e diminuír competencia entre as plantas favorecendo o crecemento das árbores remanentes.

Rozas de matogueira para reducir o risco de lumes forestais.

Rexeneración do monte mediante plantación tralos aproveitamentos finais, e rexeneración natural asistida en bosques autóctonos (se o precisan).

Colleitas finais organizadas de xeito selectivo para minimizar o impacto ambiental.

Conservación da biodiversidade

Mantemento de bosques de ribeira e conectividade ecolóxica.

Proxectos de certificación dos servizos ecosistémicos.

Colaboración coa Universidade de Vigo para avaliar a contribución do predio á conservación da biodiversidade de especies asociadas ós bosques de ribeira e cursos de auga.

Xestión Hídrica e do Solo

Conservación de faixas de vexetación nas marxes de ríos e regatos.

Seguimento periódico do estado de conservación.

Técnicas de manexo para reducir a compactación do solo e evitar a erosión.

Seguimento dos fenómenos erosivos e medidas correctoras no seu caso.

Desenvolvemento económico e social

Fomento da contratación de traballadoras e traballadores do sector forestal.

Colaboración con centros educativos a través de formación do alumnado en prácticas.

Programas educativos en colaboración con centros de formación forestal.

Xornadas e experiencias demostrativas cos diversos grupos de interese identificados.

Concurso de arquitectura impulsado por Finsa a través da Fundación RIA para a rehabilitación arquitectónica e paisaxística de “A Panda da Dá” coma un espazo de oportunidades para a xestión sustentable do territorio.

Resultados e logros

Sustentabilidade e Produción Responsable

Más de tres décadas de xestión forestal sostible.

Xestión forestal sustentable certificada dende hai xa 20 anos.

Uso innovador da madeira en construción: produción de Pinus radiata certificada para a fabricación de estruturas en CLT (Pino de Galicia).

Conservación Ambiental

Mantemento de hábitats naturais clave dentro do predio.

Redución do impacto ambiental mediante técnicas silvícolas sustentables.

Seguimento do estado de conservación dos hábitats forestais.

Innovación e educación

Ensaios pioneiros con especies resistentes a enfermidades provocadas polos fungos criptogámicos.

Desenvolvemento dun proxecto pioneiro de certificación de servizos ecosistémicos coa colaboración da Universidade de Vigo.

Proxecto para a creación dun centro de formación e divulgación forestal no predio.

Entidade Certificada. FINSA

DATOS DO CERTIFICADO

Nº certificado

PEFC/14-23-00006-AEN

Nº licenza

PEFC/14-23-00006

Modalidade de certificación

Individual

Data certificación inicial

21/06/2004

Entidade certificadora

AENOR CONFÍA, S.A.U.

Finsa, cunha traxectoria de case un século, é una empresa galega de referencia no sector da transformación industrial da madeira, que traballa para dar resposta as necesidades dos sectores do hábitat e da construción. Fabrica, deseña e transforma produtos derivados da madeira: taboleiro, superficies decorativas, compoñentes para mobles, solos laminados e madeira maciza. Conta con 11 centros produtivos, presencia en máis de 80 países, e un equipo de máis de 3.200 persoas.

Veta é a marca forestal de Finsa, que representa a evolución do seu traballo no monte, abarcando o aproveitamento, o abastecemento e a xestión forestal. Veta quere seguir contribuíndo ao desenvolvemento do medio rural como motor de innovación e sustentabilidade, apostando por iniciativas como “A Panda da Dá”, que impulsen o seu crecemento, promovendo a actividade local e a posta en valor dos seus recursos.

Imaxes