#PEFCnoCamiño

O monte tamén forma parte do Camiño

Camiñar por Galicia é tamén camiñar entre montes. Están na paisaxe que nos acompaña, pero tamén en moitas das cousas que atopamos ao noso paso: na madeira das construcións, no papel, nos alimentos e noutros recursos; nos traballos e oficios que manteñen vivo o rural; e nas historias, tradicións e formas de vida ligadas ao territorio.

Os montes proporciónannos madeira e outros recursos renovables, pero tamén protexen o solo e a auga, almacenan carbono, acollen biodiversidade, crean emprego e ofrecen espazos para camiñar, descansar e gozar da natureza. Para que todo isto perdure é necesario coidalos, aproveitalos de forma responsable e xestionalos pensando no futuro.

PEFC Galicia promove a xestión forestal sostible e a certificación como ferramentas para garantir ese equilibrio e para conectar o monte coa orixe responsable dos produtos que chegan ata nós.

PEFC no Camiño propón descubrir todo isto mentres percorres diferentes rutas xacobeas. Cada Camiño ofrece unha mirada distinta sobre os montes de Galicia, as persoas que os xestionan e os múltiples beneficios que proporcionan á sociedade.

Escolle o teu Camiño e descubre todo o que hai detrás da paisaxe.

Descubre con PEFC o monte galego

Camiño Fisterra-Muxia

go to english version
ir a versión en español
PEFC no Camiño francés

Camiño Francés

go to english version
ir a versión en español
PEFC no Camiño Primitivo

Camiño Primitivo

go to english version
ir a versión en español

Descubre o monte xogando

Escolle un debuxo, dálle cor e descubre algo novo! Para pintar os detalles, amplía con dous dedos.

Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo