go to english version
ENGLISH
version gen alego
ESPAÑOL

PEFC no Camiño

PEFC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que promove a xestión sostible nos montes , garantindo que se xestionan de acordo con esixentes requisitos ambientais, sociais, económicos e éticos.

O monte forma parte da cultura e idiosincrasia dos galegos. O 70% do noso territorio é forestal, polo que dun ou doutro xeito, forma parte das nosas vidas, debuxa a nosa paisaxe, alberga flora e fauna, proporciona traballo e fixa poboación no rural, provee de alimento e materia prima renovable, conserva o solo e as augas, permítenos desconectar do día a día e contribúe á mitigación do cambio climático.

PEFC distingue co seu selo todos os produtos (madeira, resina, castañas, mel, cogomelos, biomasa, téxtil,…) procedentes de montes certificados, garantindo a súa rastrexabilidade a través de toda a cadea forestal ata o consumidor final.

Coa iniciativa PEFC no Camiño, comprenderás a importancia dos montes a escala local e global. Amplía a túa ollada: árbores, usos, traballos, lendas, toponimia… accede a cada unha das paradas propostas, recomendarémosche que ver, que saber, coñecerás o noso monte, a nosa industria, o noso facer.

Nos albergues poderás atopar un libro onde podes describir as túas sensacións facendo o Camiño polos nosos montes, ou que estarías disposto a facer ou mudar na túa vida para lograr un planeta máis sostible. A certificación forestal PEFC contribúe a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pero PRECISAMOS DE TI!. Cóntanos os teus soños. Achéganos as túas ideas.

1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
As árbores

1.COMPOSTELA.
Árbores nas cidades.

Catedral en Santiago de Compostela

As árbores xogan un papel esencial na loita contra a contaminación nas cidades.Compostela conta múltiples espazos verdes de características moi diversas, desde parques, xardíns ata contornas forestais que transforman a capital galega co paso das estacións.  

Árbores senlleiras, Áreas de Especial Interese Paisaxístico, MOITO POR DESCUBRIR nunha cidade que conta cuns 52m2 de superficie verde por habitante, o que a sitúa moi por riba das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (15m2).  

PEFC traballa activamente para concienciar sobre a importancia das árbores na vida das cidades e a súa adecuada planificación. 

Que saber?
Que ver?
A madeira na Catedral
Curtidoiros
O papel de PEFC

2.VENTOSA.
A paisaxe rural galega.

Ventosa

Tras o teu paso pola carballeira do Alto do Vento chegarás ao Bosque do Peregrino, un emprazamento que conta cun miradoiro de madeira rodeado dunha pequena plantación de frondosas autóctonas, que ofrece unha panorámica do val da Maía que permite comprender as principais características da paisaxe rural galega; e o papel que xogan o val, a aldea e a parroquia na súa configuración, historicamente e aínda hoxe en día. 

Para PEFC, as paisaxes son espazos que, polos seus valores singulares, estéticos, culturais ou ben pola relación harmoniosa entre o home e o medio natural, deben ser considerados na xestión forestal. 

Que saber?
Toponimia & Monte
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
O papel de PEFC

3.PONTE MACEIRA.
Os camiños.

Ponte Maceira un dos pobos máis bonitos de España

Ponte Maceira é parada obrigada no Camiño de Fisterra, xa documentada nas fontes históricas. No ano 2020, foi recoñecido como un dos pobos máis bonitos de España polos seus valores culturais e ambientais, e cualificado como Ben de Interese Cultural. Aquí falaremos de como os camiños articularon o noso territorio ao longo do tempo, facilitando o intercambio de bens, ideas e valores entre os distintos pobos e culturas que interconectan. Falaremos tamén das árbores da contorna e da vinculación camiños e o sector forestal, mentres descansas baixo unha das súas copas.

PEFC considera que unha infraestrutura viaria adecuada resulta indispensable para o cumprimento dos obxectivos de xestión, os usos e a defensa do monte.

Os Camiños
A Ponte
Os Cruceiros
O papel de PEFC

4.NEGREIRA.
A ruta dos Pazos.

Pazo do Cotón en Negreira

Os pazos son un dos elementos máis recoñecibles da identidade galega; símbolo de poder económico, político e social. Partindo do Pazo de Baladrón en Ponte Maceira gozando da sombra que nos ofrece a vexetación de ribeira, o Camiño de Fisterra pasa por Logrosa a carón do Pazo de Albariña, e atravesa a vila de Negreira baixo os arcos do Pazo do Cotón. Ese é só un tramo da Ruta dos Tres Pazos; se te animas, continúa polo paseo fluvial do río Barcala, e chegarás á Área Recreativa de Covas.

Unha escapada ao Miradoiro do Cotro permitirache albiscar varios espazos protexidos pola Rede Natura 2000, ademais dunha paisaxe espectacular. 

Con PEFC, os propietarios forestais saben se o seu monte está incluído nun espazo protexido, ou afectado por calquera outra, téndoo en conta na súa planificación. 

Ruta dos Tres Pazos
Os Pazos
Miradoiro do Cotro
O papel de PEFC

5.VILASERÍO.
Usos e produtos do monte.

Vilaserío

Os produtos forestais están ao noso arredor.

A maioría de nós somos conscientes dos produtos que nos ofrecen os montes: madeira para os nosos fogares e mobles, papel para libros e revistas, envases para os alimentos, papel hixiénico, máscaras, ata a nosa roupa pode estar realizada a partir de madeira e no noso prato podemos atopar moitos produtos procedentes dos montes.

Sabías que os seguintes produtos tamén conteñen materiais forestais? Pintura, pneumáticos, perfumes, cepillos de dentes, desodorizante, cosméticos, deterxente, roupa, medicamentos, tapóns de cortizas para o viño, esponxas, tinguiduras para o cabelo, etc. 

Nesta parada poderás afondar sobre os recursos que nos proporcionan os montes, madeirables e non madeirables e no modo de vida tradicional galego caracterizado por un uso sostible do territorio baseado na complementariedade e multifuncionalidade das distintas zonas que o integran.

A través da certificación forestal PEFC, podemos rastrexar os produtos xestionados de forma sostible desde os montes ata o consumidor final.

Os produtos do monte
O modo de vida tradicional
Alvarizas
O papel de PEFC

6.CORZÓN.
A propiedade do monte.

Corzón

En Galicia, o 97% da propiedade forestal é privada, da cal o 64% está en mans de particulares e un 33% pertence a Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Só o 3% da superficie forestal é de propiedade pública. 

No teu Camiño a Fisterra, o concello de Mazaricos é o que conta cun maior número de Montes Veciñais, e o Miradoiro de Corzón atópase nun deles. Desde o miradoiro observarás diferentes especies arbóreas, actividades e traballos que se fan nos montes, ademais dunha ampla panorámica do Encoro da Fervenza, contorna na cal discorren varias rutas que che permitirán coñecer a fauna e maila vexetación asociada a este lugar.

A certificación forestal PEFC pon en valor a xestión forestal sostible que realizan propietarios e xestores de montes.

A propiedade do monte
Montes Veciñais. Miradoiro de Corzón
Encoro da Fervenza
O papel de PEFC

7.OLVEIROA.
O monte autóctono.

Olveiroa

Olveiroa é outro dos fitos no Camiño a Fisterra; a última parada do peregrino antes da encrucillada do Hospital de Logoso, onde tes que decidir se tomas a ruta directa a Fisterra ou a de Muxía. A Devesa de Anllares localízase a uns 3km de Olveiroa, a carón do río Xallas. É a masa forestal autóctona mais occidental de Galicia e un dos bosques mellor conservados de Europa, así que, paga a pena visitalo!.

Manter o grao de naturalidade dos espazos forestais naturais e seminaturais, é un dos requisitos da certificación forestal PEFC.

Devesa de Anllares
Superficie arborada en Galicia
O papel de PEFC

8.DUMBRÍA.
Lendas.

Dumbría

Paramos aquí, no río Fragoso, para advertirche do perigo: ¡anda solto o vákner! E non é desta besta da única da que debes ter medo: apura o paso porque a Santa Compaña sae cada noite.

O monte é sustento de vida, pero tamén é morte. Pode ser un lugar escuro, lúgubre, no que a vexetación non che deixa ver, onde as bestas ruxen, o vento zoa e ti queres escapar pero non podes, porque o medo tenche paralizado.

Lendas

9.Ozón.
Hórreos, Eiras de mallar.

Ozón

O Camiño de Fisterra atravesa moitas aldeas que aínda conservan o seu carácter tradicional, nas que se manteñen construcións que perderon a súa funcionalidade orixinal pero que son parte da nosa identidade. É o caso dos muíños, hórreos, eiras de mallar ou fornos asociados á elaboración do pan, noutrora centro da actividade cotiá das aldeas xa que ése era o principal alimento no rural galego. Moitas destas construcións e ferramentas empregadas na elaboración do pan estaban feitas de madeira; e ata o propio pan se facía orixinalmente cos froitos das árbores.

PEFC ten como obxectivo potenciar e manter o efecto a longo prazo de sumidoiro das masas forestais e os seus produtos leñosos. 

Eiras de mallar
Hórreos
Fornos
O papel de PEFC

10.MUÍÑOS.
Paseo fluvial do Río Negro.

Muiños

Os muíños son un dos elementos da arquitectura popular que máis abunda en Galicia. Isto débese fundamentalmente a dous factores: por unha banda, a facilidade para xerar enerxía hidráulica nun país cunha rede fluvial e unha liña de costa tan ampla como a nosa; e por outra banda, porque os muíños son parte esencial do proceso de fabricación do pan, que durante moito tempo foi o alimento principal da nosa xente. O Paseo Fluvial do Río Negro sorprenderache.

Con PEFC coñecerás os beneficios que un ecosistema achega á sociedade. Os servizos ecosistémicos.

Os Muiños
Paseo Fluvial
Mosteiro de Moirame
O papel de PEFC

11.MUXÍA.
Secadoiros de congro.

Muxía · Secadoiros

Muxía é coñecida pola súa igrexa parroquial, o miradoiro do Corpiño, o Santuario da Barca e a Pedra de Abalar, entre outros atractivos. Porén, nós recomendámosche visitar tamén algún dos secadoiros de congro que aínda seguen activos na vila. Son un patrimonio máis descoñecido, pero moi valioso pola súa singularidade. Descubre porqué!

O sector forestal será a panca que axude a outros sectores na transición cara unha bioeconomía circular, ofrecendo solucións con certificado de sostibilidade PEFC.

Os Secadoiros de congro
Os Salgadoiros
Santuario da Barca
O papel de PEFC

12.VAOSILVEIRO.
As Poldras.

Vaosilveiro · As Poldras

A importancia do camiño condiciona a solución adoptada para cruzar o curso de auga. A colocación de poldras é un dos sistemas máis sinxelos. Aquí, en Vaosilveiro, afondaremos nas solucións construtivas e a madeira como vínculo entre a arquitectura e a natureza. Nesta zona poderás observar moitas cabanas de madeira nas que te podes aloxar!

A madeira certificada PEFC emprégase en moitos proxectos construtivos, tanto en interiores como no seu uso estrutural, asegurando a procedencia sostible dos materiais utilizados.

As poldras
Arquitectura e natureza
O papel de PEFC

13.BUXÁN.
A industria forestal.

Buxán

Galicia é unha importante potencia forestal en Europa, non só debido a que o 47% do noso territorio é superficie forestal arborada con elevada produtividade, senón que tamén conta cunha potente industria forestal, aportando o 57% da madeira cortada anualmente en España. Serradoiros, produción de taboleiros, pasta de papel, carpinterías, fábricas de mobles…, Galicia é lider nacional en empresas responsables certificadas PEFC, garantindo aos seus clientes a orixe legal e sostible dos produtos forestais certificados.

O recurso
A industria forestal
O papel de PEFC

14.FISTERRA.
Carpintería de ribeira.

Faro Fisterra

O monte tamén proporciona a materia prima para construír embarcacións e aparellos de pesca. O Castelo de San Carlos alberga un museo sobre a pesca e o mundo mariñeiro, onde poderás ver claramente que a costa non só mira ao mar.

A actividade forestal xera oportunidades entre os miles de silvicultores e empresas galegas, e a certificación forestal PEFC contribúe á súa posta en valor.

Castelo de San Carlos
Carpintería de ribeira
Santa María das Areas
O papel de PEFC

15.CORCUBIÓN.
Arquitectura en madeira.

Corcubión

A arquitectura tradicional galega combina a pedra e a madeira como principais materias de construción. Noutros puntos da túa viaxe xa tiveches a oportunidade de coñecer algúns exemplos, como son os muíños ou os hórreos. Paseando pola vila histórica de Corcubión coñeceremos as principais características das vivendas tradicionais e o seu porqué.

Cando elixes materiais forestais con certificado de sostibilidade PEFC, axudas a protexer os bosques do planeta! 

A arquitectura tradicional galega
Corcubión
Tendencias
O papel de PEFC

16.CEE.
A comercialización da madeira.

Cee

A crecente demanda mundial de madeira e dos seus produtos, fan da práctica do comercio de madeira aproveitada ilegalmente un problema internacional que esixe respostas globais e diversas que incidan non só na regulación comercial deste produto senón tamén en aspectos sociais, políticos e económicos que melloren a gobernanza dos países produtores de madeira.

A certificación PEFC permite ás empresas da cadea de subministración garantir aos seus clientes a orixe legal e sostible dos produtos forestais certificados.

Porto de Brens
A fabricación do papel
Outros puntos de interese
O papel de PEFC

Árbores.

Árbores

As árbores teñen un papel esencial nas nosas vidas.

Son os principais sumidoiros de CO2 naturais do planeta, proporcionan osíxeno e limpan o aire que respiramos. Conservan os solos e as augas, albergan biodiversidade, proveen de alimento e materia prima renovable, proporcionan traballo, axudan a mellorar a saúde física e mental, regálanche sombra e abrigo no teu Camiño ao tempo que embelecen a paisaxe. 

Queres coñecer as árbores mais destacadas do noso territorio?

Castaño
Piñeiro
Carballo
Eucalipto
Ameneiro
Bidueiro

Ballesteros Arias, P. (2020). “El paisaje rural gallego. La arqueología y la etnografía como métodos de estudio sobre su génesis y transformación en el tiempo”. Tesis doctoral. Universidad del País Vasco. Dispoñible en liña: http://hdl.handle.net/10810/51208

Ballesteros Arias, P. (2010): “A paisaxe cultural de Brañas do Sar (Santiago de Compostela). A arquitectura da auga”. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio) nº 24. Santiago de Compostela. Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Dispoñible en liña: http://hdl.handle.net/10261/27652

Ballesteros Arias, P. (2003): “La arqueología en la gasificación de Galicia 17: el paisaje agrario”. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio) nº 18. Santiago de Compostela. Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe (IIT-USC). Dispoñible en liña: http://hdl.handle.net/10261/5519

Criado-Boado, F. (1999): “Del terreno al espacio: planteamientos y perspectivas para la arqueología del paisaje”. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio) nº 6. Santiago de Compostela. Grupo de Investigación en Arqueología del Paisaje, Universidade de Santiago de Compostela. Dispoñible en liña: http://hdl.handle.net/10261/5698

Gago Mariño, M. e Fernández Malde, A. (2015.): “Un posible recinto campamental romano en O Cornado (Negreira, Galicia). Nailos, nº 2. Dispoñible en liña: https://nailos.org/index.php/nailos/article/view/42

Garrido Moreno, A. (1998): “La galería gallega: una tipología tradicional en permanente evolución”. Anuario Brigantino, nº 21. Betanzos.

Lema Suárez X.M. e Fernández Concheiro, C. (2010): “O hórreo atlántico ou fisterrán. Cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza”. Vimianzo. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

VV.AA. (2020): “A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos de Galicia e outros exemplos”. Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Dispoñible en liña: A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos unha publicacións do Consello da Cultura Galega

VV.AA. (2020): “A paisaxe do tempo. Marco urbano e ambiental dos núcleos históricos menores en Galicia”. Santiago de Compostela. Instituto de Estudos do Territorio. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia. Dispoñible en liña: Guía da Paisaxe do Tempo – CMAOT (xunta.gal)

VV.AA (2009): “Atlas arqueolóxico de Galicia: comarca de Fisterra”. Santiago de Compostela. Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia.

VV.AA. (2005): “Los Paisajes Culturales desde la arqueología: propuestas para su evaluación, caracterización y puesta en valor”. Arqueoweb, nº 7. Disponible en línea: http://webs.ucm.es/info/arqueoweb/pdf/7-2/ballesteros.pdf

Asociación galega de carpintería de ribeira: http://agalcari.es/es/

Asociación galega do Patrimonio Industrial: https://www.asociacionbuxa.com/

Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural galego: https://apatrigal.wordpress.com/

Camiño dos Faros: http://www.caminodosfaros.com/

Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego: http://patrimoniogalego.net/

Centro de Innovación e Servizo Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira): http://www.cismadeira.es/Galego/inicial.html

Colectivo A Rula: https://colectivoarula.com/

Compostela rupestre: https://compostelarupestre.gal/

Compostela verde. Parques e Xardíns de Santiago de Compostela. https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/

Concello de Negreira: http://concellodenegreira.gal/index.php/es/

Concello de Mazaricos – Turismo: http://www.mazaricos.gal/turismo/

Concello de Corcubión – Sistema de Información Xeográfica: http://sig.sixtema.es/corcubion/

Dumbría é cultura: https://dumbriaecultura.wordpress.com/

ENCE Enerxía e Celulosa: https://ence.es/

Laboratorio ecosocial do Barbanza: https://barbanzaecosocial.org/

Parque fluvial de Santiago de Compostela: https://www.parquefluvialdesantiago.org/es/

Parque forestal de Santiago de Compostela. https://www.parqueforestaldesantiago.org/es/

Portos de Galicia: https://www.portosdegalicia.gal/es

Proxecto Galicia Nomeadahttps://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

Santiago de Compostela, Turismo. https://www.santiagoturismo.com/

Xacopedia: https://www.xacopedia.com

Iniciativa promovida polo programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia