A etapa de Portomarín a Palas de Rei, é a máis longa do Camiño Francés en territorio galego.

A Serra do Careon, Zona de Espacial protección dos valores naturais, baña parte do concello de Palas de Rei e a túa seguinte etapa ata Melide. Ademais do patrimonio natural, Palas conta cun amplo patrimonio artístico e numerosos restos arqueolóxicos, dos cales queremos destacar o Castelo de Pambre, un dos poucos castelos e fortalezas militares que quedaron en pé tras a revolta Irmandiña e do que recentemente se realizou un estudo antracolóxico, é dicir, de recolección, identificación botánica e estudo dos carbóns e madeiras recuperadas.

É esencial manter o grao de naturalidade de aqueles espazos forestais considerados naturais e seminaturais, así como preservar os hábitats singulares, que polas súas particulares características ecolóxicas motivan a súa conservación.

Unha xestión non intensiva é más próxima a dinámicas e procesos naturais que unha intensiva, con todo, o abandono dunha superficie pode conducir a unha degradación do ecosistema forestal e a un aumento dos riscos para a súa conservación, de aí a importancia do seu estudo e correcta planificación para alcanzar un equilibrio.

A Serra do Careon

Trátase dunha serra de un gran interese xeolóxico e dunha excepcional relevancia botánica, pertencente á Dorsal Galega, é un pequeno cordal montañoso de perfil escalonado e relevos suaves, cuxa máxima altitude alcanza os 798 m.sn.m.

Son abundantes os regatos de montañas que se Xuntan no río Furelos, afluente final do Ulla, así como extensas zonas de matogueira. Podemos encontrar infinidade de plantas comúns pero tamén especies endémicas de especial protección.

Castiñeiros, carballos, pinos, bidueiros, freixos, e un longo etc, acompañados dunha rica variedade faunística como o lobo, xabaril, corzo, perdices, lebres, garzas..

Existen numerosas rutas de sendeirismo que recorren o espazo, e incluso as estradas locais que cruzan os altos son de interese paisaxístico.

A Serrra do Careon que abarca parte dos concellos lucenses de Friol e Palas de Rei, facéndose extensivo aos veciños de Melide, Santiso e Toques na provincia da Coruña, está incluída en Rede Natura 2000 e trátase dunha zona ZEPVN.

As zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) son aqueles espazos dos que, polos seus valores, o interese natural, cultural, científico, educativo ou paisaxístico, é necesario asegurar a súa conservación e non conten con outra protección específica.

Castelo de Pambre

Ás beiras do río Pambre, no alto dun outeiro e sobre zona rochosa, sitúase o Castelo de Pambre, construído a finais do século XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, considerada a mellor mostra de arquitectura militar medieval de Galicia, pois é un dos poucos castelos e fortalezas militares que quedaron en pé tras a revolta Irmandiña de 1467, xunto co de Monterrei en Verín ou Soutomaior.

Cercado por unha muralla defensiva duns 5 metros de espesor e adaptada á configuración do terreo no que se atopa, álzase o Castelo de Pambre. O edificio central está formado por unha torre de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas e comunicadas entre si por unha muralla.

Dentro da muralla atopámonos co edificio de planta cadrada con 4 torres nas esquinas. Á dereita da entrada veremos a capela de San Pedro, construída a finais do século XII.

No centro sitúase a gran torre ou Torre da Homenaxe, con tres plantas e 11 metros de lado, desde a que terás unhas vistas son espectaculares, con verdes campos salpicados de árbores. A primeira planta é cega e o seu interior ilumínase a través de pequenas xanelas. Na segunda planta existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría esta planta coa muralla, a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa. Na terceira planta hai unha ventá de arcos apuntados.

Estruturas metálicas e pasarelas de madeira, levarante ao longo de 3 torres e diversas estancias

En 2011 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Mostras de carbón e madeira

Durante a intervención arqueolóxica desenvolvida no Castelo de Pambre no ano 2014, en relación coas tarefas de rehabilitación do conxunto de edificacións do castelo, foron recuperadas mostras de carbón, que permitiron unha análise antracolóxica1, dendrolóxica2 e tafonómica3 de varias mostras de carbón. (1Recolección, identificación botánica e conservación dos carbóns e madeiras recuperados en contextos arqueolóxicos ou xacementos naturais. 2Ciencia e estudo especializado na caracterización e identificación de plantas leñosas. 3 Parte da paleontoloxía que estuda os procesos de fosilización e a formación dos xacementos de fósiles)

Os datos obtidos permiten definir o uso como combustible dos recursos leñosos que realizaron os ocupantes do castelo durante os séculos XV-XVII. Documéntase un predominio da madeira de carballo, seguida da abeleira, xunto cunha gran diversidade de taxons, especialmente de árbores froiteiras, mentres que os de matogueira son pouco significativos no conxunto. Isto a pesar de coincidir cun período frío, a Pequena Idade do Xeo, e da importante deforestación rexistrada tanto nos datos paleoambientais como na documentación.

Foron analizados máis de 800 fragmentos de carbón recuperados de tres mostras de sedimento recollidas nun perfil da área de escavación situada fronte á porta da Torre de Homenaxe. Os carbóns estaban relacionados cun depósito interpretado como vertedoiro e están datados a partir dos materiais asociados, fundamentalmente cerámica e moedas, entre os séculos XV-XVI, podendo chegar mesmo a inicios do século XVII.

A análise antracolóxica permitiu identificar 17 taxons arbóreos e arbustivos Quercus sp. caducifolio, Corylus abelá, Castanea sativa, Fabaceae, Erica sp., Prunus sp., Rosaceae/Maloideae, Salix/Populus, Quercus/Castanea, Fraxinus sp., Quercus sp., Quercus sp. perennifolio, Sambucus sp., Frangula alnus, Juniperus sp., Juglans rexia e Erica arborea/australis. Identificáronse tamén algúns fragmentos de cortiza que non foi posible asignar a ningún taxón.

A investigación realizada por María Martín-Seijo, financiada por unha bolsa postdoutoral Plan I2C mod. B co proxecto “MATERIAL-Materiality and Material Culture: Wood and Other Plant-based Materials in Archaeological Contexts”. A intervención arqueolóxica dirixida por Santiago Vázquez Collazo e Carlos Fernández Rodríguez da Universidade de León, que se encargou da recollida e procesado das mostras. A análise antracolóxica levou a cabo no Laboratorio de Arqueobotánica do Grupo de Estudos do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela.

Torrentes do Mácara

Desde o Castelo de Pambre podes realizar un roteiro de sendeirismo de dificultade media, O Sendeiro do Pambre.

Este carreiro, que discorre paralelo ao río Ulla conducirache a lugares de gran beleza como os Torrentes do Mácara, pero será na totalidade do teu paseo na que gozarás da paisaxe e da diversidade de flora e fauna.

Este tramo do río Ulla, formado por rápidos, fervenzas e pozas, aderezado cun bosque onde predominan freixos, amieiros, bidueiros… atoparás o lugar idóneo para relaxarte e desconectar do teu día a día.

Coa compañía que ofrece o son da auga, coas súas zonas de remansos e bruscas rompentes, poderás atopar restos de antigos muíños e mesmo verás o antigo balneario de Frádegas, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio.

A confluencia do Pambre co Ulla, augas abaixo de Mácara, resulta igualmente de gran beleza.

Trátase dunha zona onde se practica a pesca. A Asociación de pescadores da Ulloa é unha das sociedades de pesca con maior número de socios da provincia de Lugo, o que a converte nun referente en todas aquelas iniciativas que levan a cabo para fomentar unha actividade respectuosa co medio ambiente e conseguir a substitución xeracional na pesca de río.

Que saber?

As terras de Palas de Rei serviron de fonte de inspiración a escritores como Álvaro Cunqueiro ou Emilia Pardo Bazán, que ambientou a súa obra máis relevante no Pazo de Ulloa.

Palas de Rei conta cun amplo patrimonio artístico que reflicte o seu pasado señorial, fortalezas, torres, castelos e pazos, conservando tamén numerosos restos arqueolóxicos como mámoas, dolmens e castros.

Algúns destes lugares espertan especial interese, como o Castelo de Pambre, as Torrentes de Mácara, a Igrexa de Vilar de Donas, A Serra do Careon, etc.

Igrexa de Vilar de Donas

En canto á arquitectura relixiosa, destaca a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principais do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico, e que podes visitar.

Trátase dunha construción de metade do século XII, orixinalmente como mosteiro feminino, de aí o nome de “donas”, e doado á Orde de Santiago en 1184. Ten planta de cruz latina, con nave principal cuberta con armadura de madeira e cruceiro rectangular con bóveda de crucería, conta con tres ábsidas abovedadas. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos máis destacados e mellor conservados de Galicia.

O Papel de PEFC

É esencial manter o grao de naturalidade daqueles espazos forestais considerados naturais e seminaturais, establecendo medidas de carácter preventivo para garantir a súa persistencia, polo menos no grao actual de conservación, e establecer mecanismos de defensa de relictos valiosos.Unha xestión non intensiva é máis próxima a dinámicas e procesos naturais que unha intensiva, con todo, o abandono dunha superficie pode conducir a unha degradación do ecosistema forestal e a un aumento dos riscos para a súa conservación.

As particulares características ecolóxicas de determinados biótopos forestais (alta diversidade, especial vulnerabilidade, representatividade, presenza de especies endémicas, raras, protexidas ou ameazadas, reservas xenéticas, etc.) converten os hábitats en singulares, e motivan a súa conservación, exista ou non normativa específica que así o determine.

Na xestión dos montes, deberase ter en conta o mantemento dos hábitats singulares existentes, polo que se identificarán no documento de xestión do monte, cun rexistro cartográfico, contemplando as medidas necesarias para a súa conservación.

Iniciativa promovida polo programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia