Entre as suaves elevacións do val do río Tambre, nunha contorna de clima húmido e temperado, o monte Santarandel reúne diferentes formas de vida e paisaxe.
Baixo a unha xestión responsable, o monte é hoxe un territorio onde a produción forestal convive coa conservación, destinándose unha parte significativa da súa superficie á protección da biodiversidade.
Propiedade: ENCE, Energía y Celulosa, S.A.
Superficie certificada PEFC: 91,70 hectáreas desde o 31/12/2015.
Localización: Boimorto, A Coruña.
Localización e contexto bioxeográfico
O monte Santarandel localízase na zona superior do val do río Tambre, na gran perillanura de Ordes, e máis concretamente na propia marxe sur do leito do Tambre.
Sitúase entre os 315 e os 490 m de altitude que alcanza nas proximidades do Alto do Coto, ao SE do monte, cunha orientación predominante en dirección Norte, tendo por coordenadas centrais x=570639, y=4766849. Desde o punto de vista administrativo, pertence ao concello de Boimorto, provincia da Coruña.
No que respecta á súa delimitación bioxeográfica, o monte Santarandel enmárcase na Rexión Eurosiberiana, Provincia Atlántica Europea, Subprovincia Cantabro-Atlántica, Sector Galaico- Portugués, Subsector Galaico-Portugués Setentrional, Distrito Compostelán (Rivas-Martínez et al., 2002; Rivas-Martínez, 2007).
En relación co piso ou cintura bioclimática, considérase dentro do piso Supratemperado, encadrado na variante bioclimática Temperada Oceánica Submediterránea (Rivas-Martínez et al., 2002). Finalmente, o réxime ombrotérmico da área definiuse como Húmido e Temperado nas zonas próximas ao Tambre e Moi Húmido e Temperado nas partes máis altas, con temperatura media anual entre 12 e 14ºC e precipitación media anual entre 1.200 e 1.800 mm (Martínez Cortizas & Pérez Alberti, 1999).
Rede de Áreas de conservación (RAC)
O monte Santarandel atópase xestionado por Ence Terra, contando cunha superficie total de 91,70 ha, das cales 15,79 ha considéranse dentro da Rede de Áreas de conservación (RAC). Isto supón un 17,22% da súa superficie.
Nas áreas non produtivas do monte Santarandel definíronse 6 tipos de ocupación ou unidades de vexetación:
Trátase dun pequeno rodal de castiñeiros (Castanea sativa) dunha antiga plantación ao bordo da estrada que divide o monte. Presenta un interese moi reducido desde o punto de vista da vexetación e os hábitats naturais e abarcan un total de 0,08 ha.
Comprende vexetación natural en proceso de rexeneración, tanto de carballeiras como de amieirais aluviais. Localízanse xeralmente protexendo zonas de valgada ou redes de drenaxe naturais e na orla das carballeiras e bosques aluviais existentes no monte. Plantas habituais nestas zonas son os salgueiros (Salix atrocinerea), bidueiros (Betula celtiberica), fentos comúns (Pteridum aquilinum), silveiras (Rubus sp.) e algúns exemplares dispersos de toxos (Ulex europaeus), xestas (Cytisus sp.), castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur) e amieiros (Alnus glutinosa). O conxunto de zonas de vestixio de vexetación natural ocupa 3,83 ha.

Constitúen o tipo de vexetación máis abundante en Santarandel, distribuídas principalmente nunha banda por case toda a ladeira ao sur da ribeira do Tambre, así como en certas manchas dos regatos de O Coto e proximidades da aldea de Santarandel. No sector NW do monte atópanse en fases de recuperación con ampla cobertura de bidueiros (Betula celtiberica), salgueiros (Salix atrocinerea) e mesmo endrinos (Prunus spinosa), pero en xeral a especie máis representativa é o carballo (Quercus robur), aínda que en certos sectores predominan os castiñeiros (Castanea sativa), caso das ladeiras augas abaixo da minicentral hidroeléctrica de San Pedro, e noutros mesmo son maioritarios as abeleiras (Corylus avellana).

Representan a comunidade vexetal denominada Rusco aculeati-Quercetum roboris Br.-Bl., P.Silva & Rozeira 1956, carballeiras galaico-portuguesas nos que xa se aprecia unha lixeira influencia montana, perceptible nas zonas con presenza de arando (Vaccinium myrtillus), fundamentalmente na ladeira norte do Monte do Castro (NE da área de estudo). Estas carballeiras están catalogadas como Hábitat de Interese Comunitario denominado Carballeiras galego-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica, código 9230. Estimouse que alcanzan unha superficie de 5,97 ha, das cales 0,44 ha son compartidas con rochedos silíceos con vexetación casmofítica.
Nas beiras do río Tambre e afluentes ao leste, que discorren polo monte, localizáronse boas representacións destes bosques de ribeira dominados por amieiros (Alnus glutinosa), especialmente no sector NE onde conflúe o regato de O Coto, ao norte do Monte do Castro. Tamén se identificou un bosque aluvial de amieiros na ribeira do Rego do Coto, no extremo SE da área de estudo. Representan a comunidade vexetal denominada Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae Amigo, Guitián & Fernández Prieto 1987, considerada Hábitat de Interese Comunitario denominado Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior, código 91E0* catalogado de interese prioritario. Cobren unha área aproximada de 4,02 ha.

Aparecen concentrados principalmente na vertente nordeste do Monte do Castro, onde se localizan afloramentos graníticos. Comparten espazo con formacións de carballeiras, cos que totalizan 0,44 ha e outro rodal illado no medio da plantación de eucalipto de 0,31 ha. Esta vexetación rupícola casmofítica correspóndese coa asociación Anogrammo leptophyllae-Davallietum canariensis Bellot & Casaseca in Casaseca 1959, que tamén representa un Hábitat de Interese Comunitario, denominado Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica, código 8220.

Estas zonas corresponden con áreas de prevención de incendios forestais próximas á estrada que contacta co monte, e cuxo mantemento se realiza anualmente.

Estas comunidades ou asociacións correspóndense con tres Hábitats de Interese Comunitario, un deles de interese prioritario, que se listan a continuación co seu correspondente código (Anexo I da Directiva 92/43/CEE) e as comunidades vexetais que os representan.
| Tipo de hábitat | Código | Comunidade vexetal |
|---|---|---|
| Rochedos silíceos con veg. casmofítica | 8220 | Anogrammo-Davallietum |
| Bosques aluviales de Alnus glutinosa | 91E0* | Senecio-Alnetum glutinosae |
| Robledales galaico-portugueses | 9230 | Rusco aculeati-Quercetum roboris |
| *Interese prioritario |
Obxectivos de xestión
Os obxectivos que se perseguen supoñen:
- A persistencia e aumento da superficie da rede de áreas de conservación (RAC).
- Maior conectividade entre os distintos rodais de hábitats identificados.
- Aumento da riqueza florística de especies características das comunidades vexetais naturais e os seus correspondentes hábitats.
- Erradicación de especies exóticas invasoras e/o alóctonas nos distintos hábitats.
Actuacións de mellora na RAC
Ence xestiona esta rede de áreas de conservación, realizando seguimentos monitorizados anualmente polos xestores dos montes, onde se avalía a efectividade das actuación executadas e revísase a posibilidade de propoñer novas actuacións co obxecto de mellorar o seu estado de conservación e sexan máis eficaces no seu papel ecolóxico no medio en que se desenvolven.
No monte Santarandel ao longo dos últimos anos realizáronse melloras encamiñadas a estes obxectivos tales como:
- Respectar zonas de frondosas rexeneradas tras as cortas de eucaliptais.
- Eliminación e control de eucaliptos marxinais presentes na RAC.
- Fomento da conectividade entre diferentes rodais da RAC para a creación de corredores ecolóxicos.
- Podas e saneamentos de árbores danadas tras os aproveitamentos forestais.
- Creación e mantementos anuais de faixas de protección de incendios forestais.
Todo isto apoiado por unha profunda revisión cartográfica que permite diferenciar as comunidades vexetais autóctonas, a súa evolución e delimitación para a súa mellor protección fronte a traballos forestais de silvicultura e aproveitamentos que se realizan neste monte.
A continuación, represéntase a evolución dos distintos hábitats / ocupacións desde o primeiro estudo que elaborou a empresa especializada Arcea, Xestión de Recursos Naturais S.L.
| Tipos de ocupación | Código | Superficie (ha) 2011 | Superficie (ha) 2025 |
|---|---|---|---|
| Rochedos silíceos con vex. casmofítica | 8220 | 0,42 | 0,75 |
| Bosques aluviais de Alnus glutinosa | 91E0* | 3,16 | 4,02 |
| Carballeiras galaico-portuguesas | 9230 | 5,06 | 5,97 |
| Vestixios de xesteiras, salgueirais e carballeiras | – | 0,42 | 3,83 |
| Rodal de castiñeiros | – | – | 0,08 |
| Outras zonas de protección (faixas de protección de incendios forestais) | – | – | 1,58 |
Outra das ameazas identificadas como posibles causantes de afeccións á biodiversidade, son as debidas ao impacto ambiental que poden producir as actividades de xestión forestal realizadas nas áreas que integran a RAC, ou ben en áreas adxacentes. Para reducir o posible impacto establécense unha serie de medidas preventivas, como as dispostas no Manual de Boas Prácticas elaborado pola empresa, entregado a todos os equipos forestais que traballan en montes de Ence, onde se inclúen medidas para:
- Evitar a erosión.
- A protección de cursos de auga e rede de drenaxe natural.
- A protección de flora e fauna.
- A redución do impacto visual.
- O tratamento de pragas e enfermidades.
- A utilización de produtos fitosanitarios.
- A correcta xestión de residuos xerados.
A comunidade global como beneficiaria e o valor intrínseco da biodiversidade que xera este monte.
En maior medida, por proximidade, a poboación de concello de Boimorto, onde se sitúa o monte Santarandel, e quen fomentou un roteiro de sendeirismo que discorre por el.
A propia contorna do río Tambre, ao potenciar as redes de drenaxe e os corredores ecolóxicos con masas forestais lindeiras.
A Xunta de Galicia, a súa Conselleria de Medio Ambiente e Territorio e Vivenda, tamén son beneficiarios, polo seu interese en preservar a biodiversidade na comarca. https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/002080/
Pescadores que frecuentan as augas do río Tambre pola súa riqueza para a práctica da pesca deportiva.
Senderistas e amantes da natureza que gozan de roteiros marcados e promovidos polo concello e por particulares para gozar da súa contorna.
Entidade Certificada. ENCE, Energía y Celulosa, S.A.
|
DATOS DO CERTIFICADO |
|
|---|---|
|
Nº certificado |
PEFC/14-22-00010-AEN |
|
Nº licenza |
PEFC/14-22-00010 |
|
Modalidade de certificación |
Grupo |
|
Data certificación inicial |
13/09/2011 |
|
Entidade certificadora |
AENOR CONFÍA, S.A.U. |
ENCE é líder europeo na produción de celulosa de eucalipto e a primeira compañía en España en xeración de enerxía renovable a partir de biomasa agrícola e forestal. A súa actividade industrial baséase na integración de toda a cadea de valor, desde a produción forestal ata a transformación, baixo criterios estritos de responsabilidade ambiental, social e económica.
Neste contexto, cómpre salientar a súa condición de principal xestor forestal privado de España, con máis de 66.000 hectáreas baixo xestión directa. Unha parte moi significativa desta superficie conta con certificación da xestión forestal sostible realizada, o que garante que a súa madeira procede de fontes sostibles e que a súa xestión cumpre cos máis altos estándares internacionais de conservación, trazabilidade e respecto ao medio.
Ence, no seu Sistema Integrado de Xestión Forestal, incorpora protocolos específicos para a conservación de hábitats de interese comunitario e a protección de especies protexidas.
Actualmente, administra máis de 300 montes con hábitats de interese comunitario, nos que se localizan especies protexidas de flora, entre as que destacan a Erica andevalensis, o Quercus canariensis ou a Pinguicula lusitanica e especies protexidas de fauna, como son o voitre negro, a aguia imperial ibérica, a cegoña negra, o bufo real, o esgonzo ibérico, o lagarto arnal, a ra patilonga, e a pinchorra rabilonga, entre outros. Ademais, promove prácticas que manteñen a produtividade, a rexeneración natural e a viabilidade a longo prazo dos montes.
Este compromiso coa biodiversidade, en xeral, está avalado por organismos independentes. As actuacións emprendidas por Ence xa demostraron un impacto positivo sobre a biodiversidade en máis de 2.000 hectáreas de montes xestionados pola empresa, segundo a verificación de terceiras partes independentes e conforme a estándares internacionalmente recoñecidos de Servizos do Ecosistema.
Ademais, Ence impulsa proxectos de restauración en Galicia e Huelva, cunha superficie prevista de intervención de arredor de 300 hectáreas, centrados na mellora do estado de conservación de hábitats de interese comunitario e na creación de ecotonos que actúan como corredores biolóxicos.
A empresa tamén destina recursos significativos ao territorio forestal, investindo anualmente millóns de euros en repoboacións, tratamentos silvícolas, prevención de incendios, mantemento de pistas e cortalumes, así como no pago de rendas ás comunidades de montes veciñais. Complementariamente, desenvolve unha intensa actividade de extensión forestal, achegando asesoramento técnico gratuíto, material xenético de calidade e apoio en loita contra pragas, consolidándose como un aliado clave de propietarios forestais e comunidades locais.
As masas forestais xestionadas por Ence ofrecen, ademais, múltiples servizos ecosistémicos de alto valor para a sociedade: fixación de carbono, regulación hídrica, estabilización de solos, mellora da calidade do aire e conservación da biodiversidade. Estes beneficios, cuantificados e auditados externamente, poñen de manifesto que a súa xestión non só garante un abastecemento sostible de materias primas, senón que tamén contribúe aos obxectivos globais de mitigación do cambio climático e protección do patrimonio natural.
En definitiva, a traxectoria de Ence mostra con claridade que é posible combinar produtividade, sostibilidade e conservación da biodiversidade.




















