A importancia do camiño condiciona a solución adoptada para cruzar o curso de auga. A colocación de poldras é un dos sistemas máis sinxelos. Aquí, en Vaosilveiro, afondaremos nas solucións construtivas e a madeira como vínculo entre a arquitectura e a natureza. Nesta zona poderás observar moitas cabanas de madeira nas que te podes aloxar!

A madeira certificada PEFC emprégase en moitos proxectos construtivos, tanto en interiores como no seu uso estrutural, asegurando a procedencia sostible dos materiais utilizados.

As poldras

En moitos lugares, ata ben entrado o s. XX empregábanse barcas de paso que trasladaban persoas e mesmo carros con animais de tiro e carga. Había barcas con arames que unían as marxes do río, pero o máis común eras as de barqueiro, que cobraba polo seu servizo. 

Unha solución sinxela eran os vaos, que só se empregaban en ríos de pouco caudal xa que consistían unicamente no lousado do leito do río.

 As poldras empregábanse xa en cursos con frecuentes enchentes. Son pezas de pedra que se chantan directamente no leito a distancia de paso humano, ofrecendo pousa resistencia á corrente. Esta foi a solución adoptada inicialmente en Vaosilveiro, mais posteriormente foi preciso construír a ponte moderna lindeira ante o incremento do número de peregrinos. En moitas ocasións a solución construtiva das pontes realízase en madeira, principalmente cando se trata de espazos naturais como no Paseo Fluvial do Río Negro (Muíños).

Por aquí tamén pasa a Ruta dos Faros, pero deberás estar descansado se queres seguila. Ten máis de 200km e une Malpica con Fisterra, sempre polo bordo do mar e conectando os faros da liña de costa entre si. 

Arquitectura e natureza

A madeira na construción

 Cada vez máis arquitectos, deseñadores, contratistas e outros prescritores no sector da construción están a elixir madeira como elemento clave no deseño dos edificios. A madeira xoga un papel crucial na construción, ao ser un material moderno, versátil e esteticamente atractivo que permite desenvolver solucións construtivas creativas e innovadoras.

Dos materiais dispoñibles na construción, a madeira é o de menor consumo de enerxía na súa fabricación. Ao utilizar madeira conséguese de maneira simple e directa un edificio de alto rendemento. O seu bo comportamento térmico e os seus altos niveis de estanqueidade ao aire permiten cumprir con éxito os obxectivos enerxéticos fixados pola normativa.

Estética e confort: material natural cun aspecto incrible nunha ampla gama de aplicacións estruturais, interiores e exteriores.

Flexibilidade: material único, sinxelo e fácil de usar. É clave na economía circular ao ser renovable, reutilizable e reciclable.

Rendemento: ofrece os mellores resultados na aplicación de sistemas de certificación de construción sostible nunha gran variedade de proxectos residenciais e comerciais.

Dispoñibilidade e elección: a variedade máis ampla de tipos de madeira sostible para elixir nos proxectos de edificación, e cunha extensa rede de distribuidores e provedores.

Cadea de Custodia PEFC: a ferramenta máis segura para trazar a madeira desde o monte ata o edificio.

Sostibilidade: unha solución sinxela e efectiva para deseñar edificacións con cero emisións de carbono, recoñecidas polos sistemas de construción sostible líderes a nivel mundial.

O Papel de PEFC

Existe unha gran variedade de especies de madeira Certificada PEFC, unha ampla gama de cores, texturas e propiedades para elixir, así como unha extensa rede de distribuidores e provedores. Esta versatilidade e as posibilidades de aplicación que ofrece, proporcionan unha gran variedade de opcións de deseño. Grazas á Cadea de Custodia  PEFC, arquitectos e deseñadores poden estar seguros de que a madeira ten unha orixe legal e sostible.

A madeira certificada PEFC está a adquirir unha gran importancia en moitos proxectos construtivos, tanto en interiores como no seu uso estrutural, úsase en todos os tipos de construción, desde casas, colexios, hoteis, restaurantes, teatros e supermercados, na súa estrutura e na fabricación de tarimas, cubertas e revestimentos, así como elementos de carpintería tales como xanelas, portas e escaleiras. Para total seguridade na creación dun proxecto de edificio sostible, PEFC ofrece a Certificación de Proxectos Construtivos. Esta certificación baséase no control de todos os materiais que forman o proxecto e así poder demostrar que proceden dunha xestión forestal sostible certificada.

As principais normas, códigos e regulamentos de construción verde a nivel mundial promoven o uso de madeira certificada, polo que elixir madeira certificada PEFC e os seus produtos derivados convértese nunha excelente elección.

Iniciativa promovida polo programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia